Mondoñedo, 12 de outubro de 2018.- A alcaldesa do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, clausurou este venres o curso de técnicas de aproveitamento resineiro que se desenvolveu na localidade desde o mes de abril e contou coa participación de seis alumnos. Candia puxo en valor a importancia desta formación que lles vai permitir “facer un aproveitamento óptimo resineiro do monte”.
O curso ‘Técnicas sobre aproveitamento resineiro” estivo organizado polo Concello de Mondoñedo e contou co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Foi promovido por Resinas Naturales e Letme Soluciones e estivo dirixido a mozos e mozas con idades entre os 18 e 35 anos.
A iniciativa, desenvolvida pola plataforma Alternativas Forestais coa colaboración da Asociación de Resineiros Galegos AREGA16, tivo como obxectivo dar a coñecer o aproveitamento resineiro como alternativa laboral no rural a través do autoemprego. Así, as persoas participantes puideron coñecer os principios básicos cos que levar a cabo o aproveitamento desta substancia que produce naturalmente o piñeiro.
A rexedora local, a popular Elena Candia, destacou “a importante riqueza que constitúen os montes veciñais do municipio que se poden aproveitar para este tipo de prácticas respectuosas co medioambiente coas que diversificar a actividade laboral no rural”. Así mesmo, Candia quixo agradecer a colaboración da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Estelo por facilitar unha parcela forestal para o desenvolvemento da parte práctica do curso.
Formación teórica e práctica
As actividades dividíronse en clases teóricas sobre a historia do sector, o mercado da industria resineira e o manexo de ferramentas, os condicionantes do entorno e as medidas de saúde e seguridade. A parte práctica da formación permitiu aos participantes aproximarse ao proceso de aproveitamento de pica ascendente. O curso tamén incluíu unha visita guiada a unha parcela en produción resineira en Loiba (Ortigueira) e o testemuño dun resineiro profesional.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



