Ribadeo, 12 de outubro de 2018. A Educación en Habilidades para a Vida chegará durante o curso 2018-19 a 150 alumnas e alumnos dos colexios e CEIP de A Pontenova, Barreiros, Ribadeo e Trabada. Trátase dunha acción de intervención socioeducativa na aula destinado a rapazas e rapaces de 5º e/ou 6º de EPO. E enmárcase no Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos da Concellaría de Servizos Sociosanitarios que dirixe Sonia Meilán.
Segundo explican desde este departamento “as Habilidades para a Vida son, en síntese, os apousentos sobre os que se constrúe a competencia psicosocial, entendida segundo a OMS como a habilidade dunha persoa para enfrontarse exitosamente ás esixencias e desafíos da vida diaria”.
E sinalan que “para a acción educativa nunha ampla variedade de campos (Educación para a Saúde, prevención de drogodependencias, promoción da autonomía, educación afectivo-sexual….) o modelo de Educación en Habilidades para a Vida está recibindo a escala internacional un impulso prometedor xa que diversos organismos internacionais relacionados coa acción educativa, social e sanitaria, como a OMS ou Unicef, entre outros, coinciden en considerar este modelo como unha estratexia efectiva á hora de desenvolver na súa poboación destinataria competencias persoais e sociais que mellore as súas destrezas para desenvolver unha vida autónoma e saudable que os faga menos vulnerables a involucrarse en condutas de risco”.
Desde a Concellaría de Servizos Sociosanitarios din: “non podía ser doutra maneira xa que este modelo incide sobre boa parte dos factores de protección e dos factores de risco identificados pola investigación respecto ás condutas susceptibles de comprometer a saúde e o benestar. Unha das principais virtudes deste modelo educativo está en que transcende do simple subministro de información sobre as condutas a evitar (consumo de tabaco, por exemplo) para centrarse no desenvolvemento de competencias psicosociais que permitan organizar asertivamente a propia existencia, incluso en condicións de adversidade social”.
E subliñan que “a Educación en Habilidades para a Vida pretende dotar a cada persoa dunha batería de recursos que lle axuden a obter o mellor de si mesmas, do seu mundo relacional e do entorno social, contribuíndo a previr riscos psicosociais de diversa natureza (abuso de drogas, violencia entre iguais, violencia machista..etc)”.
Pola súa banda, desde o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos explican que “as Habilidades para a Vida coas que traballaremos, propostas xa no 1993 por a OMS son as seguintes: Autocoñecemento e Autoestima, é dicir o recoñecemento da nosa personalidade, características, fortalezas, debilidades, aspiracións, expectativas…; a empatía: capacidade para pórse no lugar doutra persoa e desde esa posición captar os seus sentimentos; o pensamento crítico: capacidade de analizar con obxectividade experiencias e información, sen asumir pasivamente criterios alleos como ocorre coa publicidade; e manexo de emocións e sentimentos: recoñecemento e xestión positiva do noso mundo emocional, manexo da tensión e do estrés”.
Serán 4 sesións de 50 minutos de duración e as técnicas utilizadas serán o debate, cuestionarios, rol-playing e audiovisuais. Vanse desenvolver en todos os colexios e CEIPs dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada e A Pontenova, cunha participación duns 150 alumnos e alumnas de entre 10 e 13 anos.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



