O periódico “JUSTICIA” que por aqueles anos se editaba en Mondoñedo, no número do 14 de outubro de 1922, publicaba unha información do seu correspondente en Foz, o mestre don Ramón Salgado Toimil que, textualmente, dí : “Allá por mediados de septiembre, hizo su aparición en aguas del Cantábrico una extraña y desmesurada tortuga que atrajo la atención de la colonia bañista, entonces aquí existente. De extraordinario tamaño, y durísima concha, que trajo adherido un mundo de percebes, fue considerada por todos como un hermoso ejemplar, capaz de competir con los mayores de las islas Mascareñas, que gozan fama de alcanzar hasta un metro de largo. Ante el insólito y sorprendente hallazgo, montaron las lenguas en dichos y comentarios, más o menos fantásticos, respecto al peregrino arribo del reptil a costas tan distantes de las preferidas por sus legítimas exigencias.
Pero sobre todos los pareceres, prevaleció el del industrial Jesús Cageao, quien dice y asegura que el singular carey ha llegado a nuestro litoral para lucir sus carnes y su envoltura ósea, en las fiestas y ferias de San Froilán y las San Lucas; y como en el inteligente y activísimo industrial de Foz, el pensamiento es acción, allá se fue a Lugo con su flamante barraca donde, según cuentan, hase ganado sus buenas pesetas; y ahí lo tendrán vds. en as San Lucas, con su famoso bicho”.
Precisamente esta viaxe á cidade episcopal sería a derradeira para a tartaruga. No noso libro “Miscelánea focense” contamos como Jesús Cageao, a quen os focegos chamábamos “Papaíto”, agarimoso apelativo que lle aplicaban os netos, que se fixo extensivo a toda a veciñanza, levaba como voceiro do espectáculo a Montero de Mondoñedo, o pai do tan popular “Mago Merlín” que, á porta da barraca reclamaba a atención do publico con estas verbas: “¡Lo nunca visto, señoras y señores!”.”¡Pasen y contemplen este mónstruo marino capturado en lejanos mares..!”.
A tartaruga necesitaba de cada tempo renovar a auga, sempre salgada, do seu hábitat. Polas San Lucas houbo que facer a operación e Suso, o fillo de “Papaíto”, saíu no coche cara á beiramar para proveerse do imprescindible elemento mariño. Pero contábase entón que o aposto focego facíalle as beiras no campo da festa a goapa moza de Fanoi e, desexando voltar de contado para xunto dela, antes de chegar ao mar, cargou do líquido elemento no río Masma, feito que remataría coa vida do animal…
É boa verdade que “hai amores que matan” pero, a pesares da evidencia, nunca deixará de habelos. Xa o dixo Ramón de Campoamor: “el amor es siempre triste; pero triste y todo, es lo mejor que existe…”.
Desexamos a sanluqueiras e sanluqueiros unhas xornadas de inesquecibles lembranzas… e que o amor lles sexa propicio.





















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



