O Valadouro, 14 de outubro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Secretario de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, participaron na conferencia sobre a velutina: Apicultura, Ciencia e Control que tivo lugar no Concello do Valadouro con motivo da XXXI Feira do mel. Durante a xornada interviñeron a apicultora, Maria Fé Sixto, o investigador do Campus Terra da USC, Xesús Feás, e o xerente de SERPA, Jose María Vázquez, que explicaron aos veciños as características da vespa asiática e como combatela, así como os traballos levados a cabo polo Concello, xunto a apicultores e veciños, para controlar a vespa velutina, pois trátase do primeiro municipio de Europa que conseguiu e demostrou que se pode dominar a praga.
O Alcalde do Valadouro explicou o traballo levado a cabo dende o Concello durante os últimos 4 anos para facer fronte á velutina. Pasaron de 400 niños a preto de 20 facendo un trampeo amplo e artesanal con botellas de plástico, zume de amorodos e unha bebida alcohólica, como pode ser a cervexa. Esta primavera, mataron 1.500 raíñas, que poderían producir outros tantos niños no caso de viviren todas e ata un máximo de 4.500, pois cada exemplar pode chegar a xerar 3 niños. Na tempada pasada, atraparon máis de 350 niños, pois o Concello contabilizou uns 200, os GES de Cervo –que son os que atenden ao Valadouro- outros 115 e os abelleiros máis de 60.
“Con estes resultados demostramos que se pode combater a velutina sen facer grandes gastos, pois todo este proceso de trampeo non superou os 400 euros. Esta é unha folla de ruta moi interesante que dende o Concello, apicultores e veciños seguiremos desenvolvendo á vista dos éxitos acadados. Isto deixa de releve que se se ten interese, como é caso do Valadouro, pódese facer fronte a esta especia invasora. Agardamos que dende as institucións coas competencias nesta materia, como é o caso da Xunta de Galicia, se acheguen máis medios e non deixen desamparados aos Concellos do rural”.
Santos Ramos explicou que “no 2014 había 14 Concellos da provincia afectados pola velutina. No 2017, o último ano co rexistro completo por parte da Xunta de Galicia, xa hai 56 Concellos con este problema. Estivemos no Valadouro vendo os resultados dun traballo específico para paliar e minorar, no posible, o efecto desta especie invasora. Vimos que teñen conseguido pasar de 163 niños retirados polo propio Concello a 30 este ano, demostrando que se unificamos, homoxeneizamos e profesionalizamos os métodos de loita e se fai dun xeito regulado, que o que pedimos dende o PSOE cando presentamos unha proposta para que se declare como praga, acadamos resultados positivos, recuperando a produción apícola e polo tanto mellorando a seguridade dos veciños da provincia”.
Reclamacións dos socialistas
Os socialistas reclaman ao Goberno galego a declaración de praga da velutina debido a súa constante expansión, pois apareceu na Mariña, pero hoxe xa invade practicamente todo o territorio galego. Isto obrigaría á Xunta a habilitar medios económicos e humanos especializados para facerlle fronte cos que hoxe non se contan. Dende o PSOE propoñen ademais a coordinación de todos os medios autonómicos para tentar combatela, feito que non levou a cabo o Goberno galego cando os propios profesionais se ofreceron a facelo.
O PSOE esixe ao Executivo autonómico a elaboración dun estudo técnico pormenorizado para, non só tentar ter unha maior precisión na localización dos niños, senón, principalmente, coñecer o ciclo biolóxico da vespa velutina, o seu comportamento, evolución, adaptación, consecuencias para a salubridade ou o medio ambiente, pois xa está a atacar a outros polinizadores ademais das abellas, alterando a natureza..
Os socialistas tamén demandan que a invasión da velutina se aborde no seno da Unión Europea para definir unha estratexia comunitaria; así como que o Ministerio de Medio Ambiente revise e actualice o protocolo que se definiu no 2015 baixo o nome de Estratexia de Xestión, Control y Posible Erradicación del Avispón Asiático o Avispa Negra, posto que dende a súa aprobación a especie evolucionou e expandiuse considerablemente.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



