Burela 18-10-18. Desde hai varios anos, vimos mobilizándonos por unhas pensións públicas que permitan unha vida digna ás persoas xubiladas de hoxe e ás de mañá.
Vimos mobilizándonos sen descanso porque mediante sucesivas reformas (do PP e do PSOE), hai quen quere desmantelar o Sistema Público de Pensións, atacando e deixando sen recursos, unha vez máis, á maioría social, mentres se intenta facernos crer que as pensións públicas non son sostíbeis e que temos que aforrar ou facer un plan de pensións privado, e así, unha vez máis, que sexan os fondos financeiros e as grandes empresas que sosteñen os plans privados, quen se benefician a costa da clase traballadora.
Agora pretenden dar por cumpridas as nosas exixencias, e que deixemos de mobilizarnos, mediante unha suba das pensións de 20 euros ao mes de media. 20 euros ao mes poden ser unha pequeniña axuda, pero, desde logo, non serve para paliar a grave situación de miles de persoas que, na Galiza, sobreviven con pensións ínfimas.
As pensións galegas son as segundas máis baixas do estado, máis da metade das pensións que cobran galegos e galegas son inferiores a 677 euros e unha de cada dez menores de 415 euros ao mes.
Ademais, as pensionistas galegas que teñen pensións de viuvez, foron as menos beneficiadas pola suba aplicada, xa que só 1 de cada dez viu incrementada a súa pensión. As mulleres que cobran complemento a mínimos por non chegar á contía mínima, que na Galiza son a maioría, viron reducida a cantidade dese complemento na mesma medida en que subía a pensión, polo que na práctica, non se produciu suba para estas pensionistas.
Isto agrava inda máis a fenda entre as pensións de homes e mulleres, que, segundo os últimos datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística está a aumentar. A diferenza entre a pensión media dun galego e a dunha galega está xa no 37,1%, e se falamos de persoas de entre 55 e 74 anos, sobe a máis do 42%.
Vímolo dicindo desde hai tempo, unha suba parcial das pensións non soluciona nin garante un Sistema Público de pensións forte nin vai facer que deixemos de mobilizarnos. Só medidas de creación de emprego estábel en condicións dignas e con salarios xustos conseguirán dotar de recursos suficientes o sistema de pensións, o de agora e o de mañá. É necesaria a posta en marcha de políticas que dean prioridade á creación de emprego de calidade e ao incremento dos salarios. E para iso, antes de nada, é absolutamente imprescindíbel a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións (tanto a de 2011 como a de 2013).
Desde a CIG defendemos:
A supresión do Factor de sustentabilidade. A súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición.
A fixación por lei da pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional (60% do salario medio) e revalorización anual como mínimo co IPC real.
A xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.
O cálculo da base reguladora segundo as bases de cotización, actualizadas á data de reporte da pensión co IPC de todo o tempo transcorrido, dun período de 10 anos elixido pola persoa beneficiaria entre a súa carreira de cotización.
Que se supriman as bonificacións e reducións da cotización empresarial á Seguridade Social en determinados tipos de contratos laborais.
A eliminación dos topes máximos de cotización á Seguridade Social, mantendo uns límites máximos para o importe da pensión.
O traspaso á administración galega da competencia de xestión do réxime económico da Seguridade Social prevista no Estatuto de Autonomía.
O Sistema Público de Pensións é unha conquista da clase traballadora a través de décadas de loita. E é a través da loita como temos que evitar que nolas rouben. Por iso seguimos mobilizándonos. Por iso hoxe volvemos estar na rúa reclamando que as pensións públicas, as de hoxe e as de mañá, sexan dignas e se poida acceder a elas en equidade e sen obstáculos.
Por iso, coa CIG na rúa, a loita continúa.
POR UNHAS PENSIÓNS DIGNAS!
DERROGACIÓN DAS REFORMAS LABORAIS E DAS PENSIÓNS!
SEGUIMOS LOITANDO!


















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



