Burela, 24 de outubro de 2018. O grupo Xacarandaina actuará este sábado, 27 de outubro, na Casa da Cultura burelesa a partir das 20 horas. Estarán presentando o seu espectáculo Patrimonio inmaterial, un paseo polos seus traballos desde hai 40 anos. As entradas están á venda anticipada na Biblioteca e na Casa da Xuventude ao prezo de 7 euros. O sábado poderán mercarse na billeteira, desde as sete da tarde, a 10 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “dentro da programación cultural de Burela, neste mes de outubro, temos o día 27, este sábado ás oito da tarde a presenza de Xacarandaina, este grupo de música de baile tradicional moi importante en Galicia, que xa estiveron aquí fai anos pero que agora repiten”.
O edil burelés explicou que “traen un espectáculo que se chama Patrimonio inmaterial, que recompila un pouco todo o seu traballo dende fai corenta anos que naceu a asociación cultural Xacarandaina, e dentro dela foise formando este grupo de música e de baile tradicional. Aí están todas as cousas que foron facendo ao longo de todos estes anos. É un espectáculo tanto a nivel visual como de escenografía e vestiario, en todos os aspectos, moi recomendable para o que ademais hai moita expectación xa”.
Díaz invita “a toda a xente a asistir este sábado a este espectáculo. Penso que Xacarandaina é unha das pezas claves dentro do folclore galego, é algo moi importante e que fala moito das tradicións galegas e de todo iso que grazas a este tipo de grupos segue manténdose. Seguen tendo moitísimos nenos dentro da súa agrupación, e seguen velando por coidar todo o posible que non se perdan este tipo de tradicións que, insisto, se non fora por este tipo de asociacións seguramente caerían no esquecemento, ou polo menos non terían o protagonismo que seguen tendo”.
Díaz lembrou que “hai venda anticipada de entradas, é un evento que organiza o Concello, e poden adquirirse tanto na Biblioteca Municipal como na Casa da Xuventude por un prezo de 7 euros, ata o día do evento. Pero o sábado na billeteira tamén se poderán comprar as entradas, desde as sete da tarde, por 10 euros, compensa compralas en anticipada para aforrar un pouquiño”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “o domingo teremos Burela de Cine, outra sesión de cine infantil, para todos os públicos, sobre todo familiar e para os nenos e nenas. A verdade é que nas últimas dúas sesións de cine infantil tivemos moitísima xente, case duascentas persoas asistindo á película no auditorio. Como sempre é gratuíto para todo o mundo. Isto completa a fin de semana cultural en Burela, con moita tradición por un lado e cun evento que imos consolidando pouco a pouco, que a xente xa sabe del e que tamén está tendo moi bo seguimento”.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



