Lugo, 26 de outubro de 2018. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou este luns que o Goberno Provincial ofrece un total de 23 empregos a recen titulados en FP e grao impartidos na provincia de Lugo e que non conten con experiencia laboral. López Izquierdo explicou que son contratos en prácticas para traballar no propio organismo provincial durante un máximo de 2 anos. “Deseñamos estes perfís en base á oferta formativa lucense. Tivemos en conta polo tanto as especialidades dos nosos centros de ensinanza superior, ademais das necesidades de cada un dos servizos da Deputación”.
Esta nova programación de emprego do Goberno Provincial chámase “Primeira Oportunidade”. Con ela buscamos ofrecer unha saída laboral ás persoas que se formaron na nosa provincia, nas titulacións de FP e Grao que ofrecemos en Lugo. Tentamos facer fronte dalgún xeito á coñecida como fuga de talento, facilitando aos cidadáns que adquiran experiencia laboral no seu ámbito profesional e que inicien a súa traxectoria profesional na nosa provincia e non fóra”, destacou a Deputada de Emprego.
Requisitos, perfís e prazos de inscrición
Os requisitos para participar neste proceso de selección pública son, no caso de ter máis de 30 anos, ter rematados os estudos de FP ou Grao sobre os perfís que se ofertan nos últimos 5 anos (non antes de 2013) e non ter experiencia laboral sobre esta profesión. Os menores de 30 anos só terán que acreditar que non ter experiencia laboral sobre o emprego ao que optan.
Dende hoxe mesmo e ata o 3 de decembro, os interesados poden inscribirse nos procesos de selección pública para os seguintes perfís laborais/empregos:
Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web
Graduado en administración e dirección de empresas
Técnico superior en administración e finanzas
Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede
Técnico superior en asistencia á dirección
Técnico en fotografía
Técnico en márketing e publicidade
Técnico en deseño gráfico
Proximamente –a previsión é que o BOP publique a convocatoria esta mesma semana- tamén se abrirá a solicitude para estes perfís/empregos:
Enxeñeiro topógrafo
Ciclo superior de xestión forestal e medio natural
Enxeñeiro agrónomo
Técnico en electromecánica de vehículos
Máis información chamando ao 982-260-106 ou en www.deputacionlugo.gal.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



