Burela, 8 de novembro de 2018. O pavillón Vista Alegre de Burela acollerá este sábado, 10 de novembro, a celebración dos 22 Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia. Darán comezo ás 11 da mañá e participarán 19 asociacións de toda a comunidade galega con 270 deportistas, 59 adestradores e 52 voluntarios. O evento está organizado por Special Olympics e a Fundación Eu Son coa colaboración dos Concellos de Burela, Cervo e Foz e a Deputación de Lugo. Alumnado da Escola Municipal de Música de Burela co seu director á cabeza, Xan Carballal, interpretará o himno galego ao inicio deste evento deportivo.
O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que “imos ter un acontecemento deportivo extraordinario, de singular beleza, cooperación e motivación para moitos rapaces e rapazas que van acudir aquí o sábado, día 10. É a 22 edición de Xogos Autonómicos de Baloncesto que organiza Special Olympics Galicia. Sabemos que estes xogos están dedicados a aquelas persoas que teñen algunha minusvalía intelectual, pero que grazas ao deporte teñen un soporte extraordinario para motivar, compartir experiencias e para viaxar. Está organizado por Special Olympics e vai colaborar a Deputación, pero tamén os Concellos de Foz, de Cervo e o de Burela, dado que aquí imos ter a sede destes xogos. Imos comezar no pavillón Vista Alegre o sábado ás once da mañá”.
O rexedor contou que “hai que dicir que, como curiosidade numérica, veñen 19 asociacións de toda Galicia con case 270 deportistas en total, 59 adestradores e 52 voluntarios. Esta xente xa é unha boa cantidade, pero vai vir con familiares e amigos, polo tanto penso que vai haber un ambiente agradable durante todo o día practicamente, tanto nos concellos limítrofes de Cervo e Foz como aquí en Burela”.
Alfredo Llano engadiu que “o Concello de Burela está ilusionado e contento de que se elixira o noso pobo para levar adiante este evento deportivo para este colectivo tan especial, e polo tanto imos colaborar o máximo posible. Queremos tamén animar á xente de Burela, aos nosos veciños, a que acudan ao pavillón Vista Alegre durante o sábado para compartir con estes deportistas, motivalos e que reciban o aplauso que merecen polo seu tremendo esforzo e polas súas ganas de facer as cousas ben. Desde o Concello de Burela imos procurar estar á altura para que todo isto salga de marabilla”.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
