Ribadeo, 27 de decembro de 2018. No Concello tivo lugar onte un pleno extraordinario urxente para abordar o expediente relativo a inversións financeiramente sostibles. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que o Concello empregou o remanente de tesourería en realizar investimentos como melloras en accesos a diferentes núcleos de poboación e á construción dos vestiarios na Casa das Algas.
O rexedor explicou que “no día de onte tivemos o derradeiro pleno deste ano 2018, un pleno extraordinario cun so punto, foi un pleno breve, que foi convocado para utilizar o remanente de tesourería, como estivo sendo utilizado en parte importante este ano, pero sen que nos penalice a regra de gasto, esta regra que todos os Concellos temos que cumprir”.
Suárez Barcia dixo: “para esta situación se aprobou a principios de ano un Real Decreto Lei por parte do Goberno do Estado, para regular estes procedementos. Para isto, os gastos que se fagan deben reunir a condición de inversións financeiramente sostibles”.
O alcalde contou que “hai que remontarse ao mes de maio, nese momento fixemos unha modificación de crédito con esta finalidade, e quedou pendente de elaborar unha memoria técnica que acreditase tal condición de inversións financeiramente sostibles”.
Fernando Suárez engadiu que “agora, unha vez realizadas estas inversións, ou rematando a súa realización, imos determinar que son financeiramente sostibles como poden ser a mellora de accesos a núcleos con aglomerado asfáltico e o acondicionamento dos vestiarios da Casa das Algas de Ribadeo para todos os nenos e nenas que practican remo, dado que reuniron todas as condicións para tal fin. En este punto contamos cunha amplísima maioría e a abstención de dúas concelleiras. En todo caso celebrouse con total normalidade e con bo xuízo de todo o mundo”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



