Alfoz, 22 de xaneiro de 2018. O sábado 9 de febreiro, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc) baixo o lema “Alfoz Solidario”. O evento é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, as cales veñen organizando as galas dos últimos dous anos. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.
Desde a organización apuntan que “o cancro é unha enfermidade á que todos estamos expostos, e todos temos un motivo para colaborar, simplemente por solidariedade, por ter algún familiar que sufra ou sufrira esta enfermidade ou por tela sufrido nas nosas propias carnes.
Para colaborar con “Alfoz Solidario” poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á “Mesa Cero” para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Nesta mesa existir a posibilidade de poñer nunha pantalla ós nomes das persoas colaboradoras. Ademais, tamén poderán colaborar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización. Tamén existen tickets á venta na Farmacia da Seara e en Caixa Rural de Alfoz.
Os beneficios obtidos na recadación da cea serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro. Este ano contarase coa novidade de que parte dos produtos utilizados para a elaboración do menú foron doados por diferentes provedores polo que se espera unha maior recadación.
Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



