Lugo, 15 de febreiro de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, valorou este venres o adianto electoral avanzado polo Presidente do Goberno Central, Pedro Sánchez, que terá lugar o 28 de abril.
Santos destacou que “Sánchez volve a demostrar que os socialistas situamos os intereses dos cidadáns por enriba de todo, que para nós o primeiro son as persoas, os nosos veciños. Nos últimos 8 meses, o PSOE demostrouno, en primeiro lugar, presentando unha moción de censura sen negociación previa algunha, con valentía e madurez, para erradicar a peor lacra de corrupción que estaba instalada na Moncloa e nas institucións cun Goberno no Estado do PP, un partido recoñecido por sentenza xudicial como corrupto, financiado ilegalmente”.
“Estando no Executivo Central e cunha situación parlamentaria de difícil gobernalidade e de pactos; os socialistas empregamos todos os recursos administrativos e de xestión posibles para cambios e avances sociais. A través de Real Decreto e en Consellos de Ministros, aprobamos suba das pensións por primeira vez en moitos anos por riba do IPC e despois de que o PP as mantivese en mínimos histórico do 0,25%; incrementamos o salario mínimo interprofesional; devolvemos a universalidade da sanidade pública que nos arrebatara o PP; habilitamos a devolución das retencións aplicadas polo permisos de paternidade ou maternidades a moitas familias…Fixemos posibles cambios e avances sociais a pesares de atoparnos sempre o rexeitamento do PP e Cs, que dixeron non á suba das pensións ou do SMI”.
Os intereses cavernícolas do Pacto de Colón: PP, Cs e Vox
“Presentamos o Orzamento Xeral do Estado máis social en anos, un orzamento que nos permitía consolidar a suba das pensións ou do salario mínimo interprofesional; suprimir o copago farmacéutico que nos impuxo o PP; abrir a oportunidade a máis persoas a estudar a través de becas; recuperar a dignidade dos coidadores de persoas dependentes, volvendo a cotizar á seguridade social; incrementar os recursos ás familias con dependentes….Pero os intereses cavernícolas do Pacto de Colón -de PP, Cs e Vox- que buscan a regresión social e política, e os dos independentistas que necesitan a confrontación cun goberno porque só así se sosteñen; impediron a aprobación dun presuposto cun grande impacto social e centrado nas persoas; dun instrumento necesario para poder seguir co cambio e o avance social e político”.
“Sánchez volve a antepoñer os intereses das persoas que poderán decidir o 28 de abril que modelo político queren para España: se o modelo honesto, social, de progreso e avance, de tender pontes de diálogo e consenso, de atopar liñas de cooperación e solucións ás discrepancias que poidan existir sempre antepoñendo o Estado, a Constitución e os dereitos de todas as persoas, o modelo político que os socialistas ofrecemos con feitos nos últimos meses; ou o modelo de retroceso político e social, de vulneración, agresión, confrontación e incluso de delincuencia –hai sentenzas xudiciais que así o poñen de manifesto- que ofrece a dereita e os independentistas”.
A dereita dividida intencionadamente
“Seguiremos explicando ás persoas as mentiras da dereita, que quedou retratada co Pacto de Colón, evitando a tentación de levantar o brazo. A dereita (PP, Cs e Vox) dividiuse intencionadamente para xuntos mentir descaradamente e tentar enganar á sociedade e chamar a máis votantes, aos máis retrógradas, radicalizados e máis agresivos contra a nosa sociedade. Seguimos desvelando que o interese do Pacto de Colón é o retroceso social, o ataque ás mulleres, o retroceso na igualdade de oportunidades para todos por cuestións de xénero, condición social, sexual, económica, étnica, traballo…E tamén o interese económico, o interese de estar nas institucións para nutrirse economicamente como desvelou xa a xustiza do Partido Popular”
Os independentistas necesitados de confrontación
Os independentistas están absolutamente necesitados da confrontación cun goberno para manterse. Non lles interesan vías de resolución de conflitos ou discrepancias entre unha institución tan democrática como o Parlamento de Cataluña e outra tan democrática, nunca menos, como o Goberno do Estado.
“Uns buscando o retroceso social e outros a necesaria confrontación para subsistir pactaron tombar uns orzamentos sociais e pensados nas persoas, imposibilitando máis cambios e avances para o benestar e a mellora da nosa sociedade”.


















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



