Viveiro 9-2-19. Baixo o lema “Namórate do comercio local” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir de hoxe 8 de Febreiro a campaña de San Valentín 2019.
Queremos facer un recordatorio das datas nas que nos atopamos, enchendo Viveiro de corazóns vermellos como símbolo do amor e a amizade.
Colocaranse nas rúas do centro histórico corazóns en pvc vermello co lema “Namórate do comercio local”. Estarán suspendidos no aire, de modo que os viandantes pasearán polas rúas e poderán ver unha secuencia continua de corazóns vermellos. A idea plantexouse como unha campaña de continuidade, incrementando cada ano a colocación de máis corazóns por mais rúas e abarcar máis áreas decoradas.
O mércores 13 de febreiro repartiranse máis de 400 globos en forma de corazón entre todos os negocios asociados, para que decoren as portas, os escaparates, etc. Unha campaña moi visual para recordar que un pequeno agasallo pódese converter nun gran detalle.
Tamén teremos unha parte moi divertida nesta campaña. Colocaremos un photocall de globos en forma de corazón, e irémolo colocando en distintos lugares para que a xente se saque fotos divertidas e as suba ás nosas redes sociais baixo a hastag #namóratedocomerciolocal. Sortearemos 100€ en vales de compra para a foto con mais Me gusta.
Os lugares onde estará colocado son:
Martes 12- Praza de Juan Donapetry
Mércores 13 – Avenida de Cervantes
Xoves 14- Praza da Fontenova
Venres 15 – Praza de Lugo
Sábado 16 – Rúa Navia Castrillón /Avd. De Ferrol
As bases do sorteo e toda a información pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Instagram.
Porque en Viveiro, como dí o lema, “O amor está no aire”.
