Mondoñedo, 6 de febreiro de 2019. Este IV Encontro de Participación Cidadá entre membros da corporación municipal de Mondoñedo, representantes de diversos colectivos veciñais, culturais, empresariais e veciños e veciñas vai ter lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo o venres, 8 de febreiro, a partir das 20:30 horas.
O obxectivo, como nos encontros anteriores, é tratar, sen máis limitacións que as do respecto e o interese xeral, temas que afectan ao presente e ao futuro da maioría dos veciños e veciñas de Mondoñedo e coñecer o estado de execución dos asuntos tratados en anteriores encontros.
Sobre a mesa, asuntos como:
-Estado de execución do proxecto de potenciación da Área Recreativa da Fervenza de Viloalle, xestións para a cesión para uso público e posta en valor da contorna como a fonte de augas sulfurosas e o acondicionamento do castro da Recadieira.
-Información sobre o proxecto de implantación dun Centro de Inmersión Lingüistica no antigo Mirador, viabilidade técnica e económica da infraestrutura existente.
-Estado dos servizos socio-sanitarios: Residencia de maiores, Centro de Día e de Alzheimer, Centro de Saúde e outros servizos e dotacións.
-Estado de execución do aparcadoiro da Igrexa Nova-Campo da Granxa e dos accesos previstos polo barrio dos Castros.
-Situación das infraestruturas e entidades culturais e turísticas como Casa Museo e Fundación Álvaro Cunqueiro, Centro de Interpretación da Prehistoria e da Natureza de Vilar, Casa de Cultura, Centro de Interpretación da Cova do “Rei Cintolo”, Camiño Norte e variante marítima pola Basílica de San Martiño de Mondoñedo, Camiño Natural de San Rosendo, Museo da Imprenta, Mural Xosé Vizoso, colocación dunha placa homenaxe a Pascual Veiga no Auditorio Municipal ou na casa natal
-Infraestruturas viarias: estado da estrada N 634; accesos, acondicionamento do entorno e dotación de luz eléctrica a capela da Ferrería.
-Infraestruturas empresariais: Análise do estado do polígono industrial de Xiros, naves de ECAR-FIMSA e de San Lázaro.
-Estado e suxestións sobre o estado da produción hortícola e de produtos típicos agroalimentarios. O sector forestal.
-Estado e potenciación artesanal do Barrio dos Muíños. Estado das casas cedidas para novos obradoiros, museos e a Feira da Artesanía.
Calquera outra proposta ou tema que a xuízo das persoas asistentes mereza ser tratado será incorporado á orde día no mesmo acto.
Consideramos que a participación cidadá é fundamental para conseguir os obxectivos colectivos que nos propoñamos polo que animamos á veciñanza, organizada ou non, a que se sume a este convocatoria e participe activamente tanto nas propostas como aportando ideas para as deseñar as mellores solucións.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



