Foz 5-2-19. É unha cita sinaladísima no calendario festeiro da Mariña: a Cea de Coronación da Raíña (ou Rei) do Antroido de Foz é un evento que logra reunir a centos de persoas disfrazadas unha fin de semana calquera de febreiro, un ano tras outro.
É por iso que as persoas que non comen carne, ou que precisan por motivos de saúde un
menú diferente ao establecido para a ocasión, levaron o ano pasado unha grata sorpresa ao saber que na Cea ía ofrecerse unha opción de menú alternativa e apta para elas.
Agradeceuse ás persoas encargadas da organización que mostraran, daquela, gran interese en ofrecer esta alternativa da maneira máis satisfactoria posible, para que todos/as puidéramos disfrutar do primeiro evento carnavaleiro do ano.
Este ano, a sorpresa foi a contraria: veganos, vexetarianos ou persoas que, por razóns de saúde ou limitacións alimenticias, contaban xa con esta alternativa ao menú principal da que puideron disfrutar o ano pasado, terán que quedar na casa o sábado 16 de febreiro. Iso, ou pagar os 25 euros para asistir quedando sen cear, porque nesta ocasión non se ofrecerá o menú alternativo que tanto se agradeceu o ano pasado. Todo isto a pesar de que no 2018 quedou demostrado que era viable, tanto para a organización como para a empresa de catering.
A decisión, que supón un clarísimo paso atrás (a pesar de que o número de asistentes á cea medra ano tras ano), sorprende especialmente nunha poboación onde, por sorte, temos unha enorme variedade de verduras e froitas locais e de tempada ás que se pode sacar partido. O menú do ano pasado, do que adxuntamos imaxes, incluía ensalada de aguacate e froitos secos, garavanzos con espinacas e macedonia de postre, e era apto para celíacos, veganos, vexetarianos, musulmáns e calquera outra persoa que, polas razóns de saúde, éticas, morais ou persoais que foran, preferisen contar con outra alternativa nun evento que (está ben lembrar) é organizado por un concello do que formamos parte todos/as.
Pratos como a empanada de pisto sen glute, as ensaladas con pasta, arroz ou quinoa, os guisos de lentellas ou garavanzos, ou as verduras asadas con patacas (aproveitando o forno no que fan a carne para o resto de comensales) serían boas opcións que, por algunha razón, este ano non se contemplaron.
O xesto que tivo o Concello de Foz o ano pasado incluindo un menú alternativo
interpretámolo como unha sinal de avance, de civismo, unha mostra de que este concello tiña en conta a persoas que o precisaran por motivos de saúde, éticos ou por elección propia. Son xestos que, afortunadamente, teñen cada vez máis institucións, empresas e organizacións do mundo hoxe en día.
Preguntámonos a que razón se debe este retroceso, e pedimos ao concello que aclare se na Cea de Coronación da Raíña do Antroido en Foz haberá algunha opción para veganos,
vexetarianos, celíacos ou calquera outra persoa que precise unha alternativa. En caso de que a resposta sexa negativa, pedímoslle que reconsidere a súa decisión e que non desande o andado no ano 2018.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



