Lugo, 16 febreiro, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular lémbralle ao PSOE que os inves-timentos da Deputación de Lugo non dependen só do Goberno Provincial.
As declaracións do secretaro xeral provincial do PSdeG, Álvaro Santos, sobre que a Depu-tación non aportará nin un euros máis ao Campus de Lugo da USC volven a demostrar que non se quere dar conta que se trata dun Goberno en minoría.
Hai que ter en conta que só contan con 10 deputados dos 25 que forman a Corporación Provincial e nun asunto de tal importancia, como é o investimento que a Deputación realice na USC, debese contar cun rumbo marcado pola maioría dos grupos políticos con represen-tación no ente provincial.
Deste xeito, será o Pleno da Deputación, onde están representados todos os grupos políti-cos, o que decida e marque o apoio da institución provincial á USC.
Ademais, é necesario salientar que a redución de Graos universitarios no Campus de Lugo da que fala o secretario xeral provincial do PSdeG non é certa xa que a Xunta de Galicia e o propio reitor da USC desmentiron esa información.
.