O Valadouro, 16 de febreiro, 2019. José Manuel Lamela repetirá como candidato do PP á alcaldía do Valadouro onde foi rexedor entre o 2011 e o 2013 despois de formar parte do equipo de goberno durante 16 anos. O popular, que xa gañou as eleccións municipais no 2015 sen obter a maioría absoluta que lle permitise gobernar, cre que “o actual Goberno local mantén paralizados moitos proxectos interesantes para o municipio que deixaramos en marcha dende o Goberno do Partido Popular”.
O candidato trasladoulle á presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, que aposta “pola renovación da candidatura popular do municipio” na procura “dun cambio no Goberno local” para o que “traballaremos dende o Partido Popular co obxectivo de lograr o apoio dos veciños e veciñas e recuperar a alcaldía”.
Lamela avanza que “o novo proxecto do Partido Popular para encarar estas novas eleccións municipais contará con xente nova” tal e como o acordaron dende a agrupación local. Así, amósase convencido de que “formaremos un equipo comprometido co Valadouro e cos seus veciños e veciñas” que procure “dar resposta ás súas necesidades”.
O candidato do PP considera necesario “conservar e manter os distintos servizos do municipio como son as estradas, o saneamento, o alumeado público e todo aquilo que precisen os nosos veciños e veciñas”. Pero tamén cre que “se deben poñer en marcha algúns proxectos iniciados na época do Goberno popular cando impulsamos o cemiterio municipal que aínda segue sen rematar igual que o local social nos baixos das vivendas de protección oficial ou a pista da andadura para cabalos que agora usan dende o Goberno local para botar escombro”.
Lamela manifesta que “todo está peor que fai seis anos”. De feito, “o Goberno local non avanzou nada na implantación do polígono industrial do Valadouro, a pesar de que o Goberno popular deixara iniciados xa os primeiros trámites coa modificación puntual das normas subsidiarias para a súa construción”.
Os populares do Valadouro cren que o impulso de novas vivendas no municipio é positivo; pero aseguran que “a creación dunha cooperativa non é a forma máis axeitada” porque “os interesados e interesadas terían que facer fronte a unha hipoteca á que moitos mozos e mozas non poderían”. A idea do PP local é que desde o Concello se negocie co Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivendas de protección oficial ás cales poderían acceder os veciños e veciñas interesados e interesadas ben a través da compra ou ben a través dun arrendamento.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



