Alumnos de 4º ESO estiveron de viaxe fin de etapa en Londres, onde visitaron os monumentos máis emblemáticos da cidade como o British Museum, a National Gallery ou a Torre de Londres. Ademais de gozar das espectaculares vistas da cidade dende o London Eye e do Sky Garden. Os alumnos asistiron ao veterán musical da Pantasma da ópera.
