Ribadeo, 6 de marzo de 2019. As axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo celebrarán este sábado, 9 de marzo, a presentación das súas principais propostas para este ano. O acto terá lugar no hotel Voar da vila ribadense ás 20:00 horas. O xerente das delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo e Burela, Pedro Fraga, sinala que na presentación participarán responsables das empresas Costa Cruceros, Politours e Mapatours, e haberá sorteos de agasallos e algunha sorpresa entre os asistentes.
Pedro Fraga anunciou hoxe que “este sábado 9 vai haber unha presentación, aproveitando que fixemos unha recente apertura en Ribadeo, concretamente no hipermercado Eroski, onde temos unha axencia nova de Eroski Viaxes. Imos facer a presentación de destinos especiais para este 2019 entre os que destacaría os viaxes en grupo, que son bastante coñecidos na zona. Son viaxes que teñen a característica de que saen desde A Mariña, en autobús, con voos directos desde Santiago e Asturias”.
O xerente de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo adianta que “este ano imos ter unha viaxe estrela, que vai ser a Egipto con vo directo desde Santiago a Luxor, que é algo máis que novidoso. Ademais temos un Dubrovnik en Semana Santa, con voo directo desde Asturias, e imos inaugurar un barco novo de Costa Cruceros, o Costa Esmeralda, polo mes de outubro. Tamén teremos algunha alternativa máis, que presentaremos este sábado. Para axudarnos a facer a presentación vannos acompañar tres maioristas e alto nivel e moi coñecidos: Mapatours, Costa Cruceros e Politours”.
Pedro Fraga explica que “a presentación vai durar aproximadamente unha hora e invitamos a todo o mundo a que se achegue ao Voar o sábado 9 ás oito da tarde. Aproveitando que facemos a presentación sortearemos algún paquete de fin de semana con estancias e haberá algunha sorpresa máis”.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



