Lugo, 18 de marzo de 2019-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribadeo reuniranse esta semana co Goberno central para trasladarlle as conclusións do estudo xeotécnico e xeolóxico sobre o monumento natural de As Catedrais e esixirlle que acometa a sinalización das zonas máis sensibles a posibles desprendementos antes da próxima Semana Santa, co fin de garantir a seguridade de todas as persoas que visiten este espazo. Así o adiantou esta mañá en Lugo a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante unha visita á aula da natureza de O Veral para manter unha xuntanza de coordinación con axentes medioambientais e técnicos desta zona.
Concretamente, a directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, Ana María Oñoro, reunirase en Madrid o mércores 20 de marzo con Belén do Campo, quen solicitou esta xuntanza tras recibir o informe definitivo elaborado pola Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia. No encontro tamén participará a través de videoconferencia o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.
Cómpre lembrar que o obxectivo deste estudo, encargado pola Xunta despois do accidente ocorrido na Semana Santa de 2018, era coñecer con precisión o estado do monumento natural e facer unha completa caracterización dos seus espazos, tanto da praia como das furnas, cantís e demais elementos que o integran, co fin de poder establecer unha serie de recomendacións sobre a futura xestión desta zona.
A solución finalmente proposta polo equipo redactor para reforzar a seguridade durante as visitas ao monumento inclúe a adopción dunha serie de medidas e intervencións sobre a praia, os accesos á mesma e tamén na senda habilitada para os peóns que percorre a beira do cantil.
Así, á vista dos resultados da cartografía de riscos realizada sobre o terreo, o informe recomenda, entre outras cuestións, reforzar a sinalización e mesmo o impacto das mensaxes referidas a aqueles tramos e elementos naturais nos que a probabilidade de caída de material é alta ou moi alta. Este incremento da cartelaría na que se advirte aos visitantes do perigo afectaría tanto á entrada á praia, como ao propio areal e ao camiño habilitado para o paso dos peóns por riba dos cantís.
Así mesmo, a Fundación Enxeñaría Civil de Galicia tamén propón a prolongación do percorrido existente pola beira do cantil do monumento. A recomendación recollida no estudo sería materializar esta ampliación cunha pasarela de madeira de características similares á que ten a senda xa existente e coa instalación dalgúns miradoiros en zonas moi concretas, estables e seguras desde o punto de vista xeolóxico e desde as que os visitantes poderían obter unha perspectiva diferente do monumento natural.
Competencias sobre costas
O obxectivo da reunión do próximo mércores por parte da Xunta e do Concello de Ribadeo, que desde o primeiro momento actuaron de forma coordinada na busca de solucións para minimizar os riscos para os visitantes de As Catedrais, é lograr que o Goberno central e máis concretamente, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar se impliquen no problema e asuman a execución das medidas propostas polos expertos para mellorar a seguridade nesta zona e manter a situación actual de libre acceso para as persoas.
Cómpre lembrar que o monumento natural está integramente en terreos de dominio público marítimo-terrestre polo que lle corresponde á Administración do Estado a adopción de calquera posible medida preventiva na zona, no exercicio das súas competencias sobre costas. Ademais e ante a proximidade da Semana Santa, un dos períodos de maior afluencia de visitantes ás Catedrais, a Xunta solicitará á máxima responsable do Goberno na materia, que acometa canto antes as medidas máis urxentes en canto a sinalización, cartelería e acondicionamento das zonas de acceso á praia, co fin de que estes traballos poidan estar rematados antes destas datas.



















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



