O vindeiro 28 de marzo, ás 12:00 horas, o Concello de Viveiro realizará unha presentación da Camovi na Casa de Galicia, en Madrid. Con esta presentación preténdese dar difusión desta importante proba deportiva, pioneira na comarca e consolidada como un referente entre os amantes deste deporte.
