Foz 3-4-19. A asociación cultural A pomba do arco organiza a vindeira semana a V edición das xornadas sentirmos a arte. Segundo sinalou o directivo da entidade e artista plástico Daniel Río “Caxigueiro” “o obxectivo desta actividade que se celebrarán entre o 8 e o 11 de abril no salón de actos do Cenima de Foz é achegar diferentes expresións da creación artística ao conxunto dos veciños da comarca no marco do mes da arte organizado polo colectivo Tá que ao longo de todo o mes desenvolverá diferentes actuacións na Mariña de divulgación da actividade artística”. Na mesma liña Caxigueiro “expresou o convencemento da asociación respecto da consolidación dunha actividade que deu aberto un espazo para o dialogo sobre a arte grazas a resposta da veciñanza da zona a quen queremos convidar a que participen da mesma”.
A comuna del barruzo. Un proxecto musical e artístico.
O luns 8 de abril ás 20.30 no salón de actos do Cenima arrancan as xornadas coa presentación d´ A comuna do barruzo, o último proxecto musical e artístico de Ugia Pedreira que acudirá a Foz para presentalo en compañía do seu editor Abel Pérez. A comuna del barruzo é un libro disco por Mialma producioes creativas e A central folque na que recollen diversas composicións musicadas por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier sobre poemas de autores da comarca Eo Naviega como Hector Acebo, Quique Roxíos ou Belen Rico e que ven a ser o primeiro disco en galego de Asturias para o público infantil. As ilustracións que acompañan A comuna del barruzo son da autoría da pintora e ilustradora mariñá Mónica Justo, cunha importante obra no campo da pintura e da ilustración gráfica.
O mural cerámico
O martes 9 de abril ás 20.30 o salón de actos do Cenima acollerá a segunda das palestras. Nesta ocasión tócalle a quenda ao artista plástico viveirense Xosé Luís Neira Broch, recoñecido creador multifacético dunha longa traxectoria. Os murais cerámicos de Neira Brochs atópanse distribuídos pola práctica totalidade da xeografía peninsular formando un conxunto que destacan pola súa grandiosidade, expresividade e intensidade. Nado en Viveiro en 1941 é un dos poucos creadores lugueses vivos con obra exposta no museo Raíña Sofía, traballando incasabelmente desde 1960 en diversas disciplinas plásticas como a escultura, pintura, debuxo, deseño, vidro, cerámica.
O cotián revisado
O mércores 10 de abril ás 20:30 terá lugar no Cenima de Foz a terceira das sesisións de debate. A protagonista neste día será a pintora luguesa Sesé Santiso, que falará sobre o contido do seu último traballo exposto recentemente no museo provincial de Lugo. O cotián revisado pretende ser unha reivindicación do cotiá como instrumento ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser prestado e, a súa vez, representado, a través dunha imaxe, que opera como documento, como pegada, como traza visual do tempo, pero tamén como aparello evocador. “O cotián ao ser descontextualizado, dotado dun escenario novo, posto en valor”, en palabras de María Xosé Santiso, “gaña en elocuencia pero tamén ofrecen unha oportunidade á suxestión da imaxinación”.
Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza.
O xoves 11 ás 20:30 terá lugar no Cenima a clausura desta v edición das xornadas Sentirmos a arte cunha palestra a cargo de Xosé Barro. Nado en Pontedeume en 1955 é unha das grandes referencias do deseño gráfico no espazo europeo, se ben a súa obra artística abrangueu outras disciplinas, destacándose como un dos autores pioneiros da banda deseñada en Galiza. Son centos os carteis, exposicións, portadas de libro, centros de interpretación ou imaxes corporativos producidos pola factoría de Barro, algunha delas tan vinculado á Mariña como pode ser o proxecto expositivo do centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo ou corenta anos atrás cartaz que serviu para convocar a marcha contra a central nuclear de Xove.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



