Compostela 17-4-19. ADEGA vén de alegar ao plano operativo que desenvolve a Estratexia Galega de Cambio Climático que tramita a Xunta. Son 170 medidas, o 60% sen orzamento asignado, que non tocan nin o negocio das térmicas nin o de ENCE, que mesmo favorecen…
O devandito Plano Operativo, que xunto con outros similares desenvolverá a Estratexia Gelaga de Cambio Climático e Enerxía 2050, ten como horizonte de aplicación o ano 2023. Suponse pois que debe conter as medidas de choque para mitigar e combater os efectos do cambio climático a curto prazo. Porén, moitas destas medidas (preto dun 60%) son simples propostas en estudo e sen orzamento: Un plano, portanto, “operativo” só nun 40%…
Redución drástica de GEIs: que o fagan outros
No ámeto da mitigación, as medidas para conquerir unha redución significativa das emisións de gases de efeito invernadoiro resultan fundamentais. Porén, o Plano abeira reclamar unha redución das emisións das industrias máis intensivas en C pola vía do abandono da xeración eléctrica con carbón.
O fomento das enerxías renovábeis déixase na Estratexia á iniciativa privada, con 0€ de achegas públicas, aínda que se anuncian “mecanismos específicos de financiamento” e “acordos voluntarios”. Pola contra, prefírese adicar o investimento público ao sector domiciliario (caldeiras de biomasa, solar térmica, xeotermia….) transmitindo a mensaxe de que a responsabilidade de reducir as emisións recae na cidadanía fronte á grande industria contaminadora.
Preténdese tamén reducir a xeración de CO2 asociado aos residuos pola vía da “ampliación de SOGAMA para queimar menos plásticos” (30M€) mentres que o orzamento para a compostaxe e a redución dos residuos son 6 veces menores (5M€ e 0,1 M€ respeitvamente), malia a ser estas medidas prioritarias de prevención. Fica claro o pouco compromiso deste plano coa redución das emisións derivadas da xestión de refugallos, que segue baseándose na incineración, o vertido e a centralización da xestión.
Aumentar a fixación de CO2 plantando máis eucaliptos…
Como non se quere apostar decididamente por reducir as emisións das térmicas, a Xunta pretende cadrar as contas climáticas pola vía so secuestro de C. A idea de potenciar a silvicultura como elemento compensador recibe neste Plano un investimento de máis de 46M€, co obxectivo de acadar as especies forestais máis eficientes, exclusivamente en termos de secuestro de C.
Porén, non se consideran os demais servizos ecosistémicos que prestan a vexetación, os bosques naturais e os ecosistemas forestais e de monte en xeral, en termos de mantemento da biodiversidade, regulación do ciclo da auga, fertilidade do solo, capacidade de purificación da auga e do ar, loita contra a erosión etc. Só interesa fixar máis carbono en máis madeira o máis rápido posíbel, e a vía é o eucalipto e as especies de crecemento rápido.
Esta estratexia confírmase ao comprobar que no Plano Operativo, ao propoñer “optimizar a xestión forestal sustentábel como ferramenta de adaptación ao cambio climático dos montes galegos”, inclúense nas “Accións de defensa contra incendios en extinción e prevención directa e indirecta” os 250 M€ até 2013 dos distintos PLADIGAs. Semella que en troques de optimizar a xestión forestal sustentábel, preténdese unicamente xestionar as consecuencias (lumes forestais cada vez máis intensos e frecuentes) dun modelo forestal fortemente insustentábel.
Recoñecer a importancia de conservar os ecosistemas naturais, sen medidas para protexelos
Chama a atención que malia a recoñecer a importancia dos ecosistemas naturais e seminaturais, particularmente daqueles con alta capacidade para a retención e fixación do C, ou chave para o amortecemento dos impactos da mudanza climática (aumento da resiliencia), este Plano non contempla o alongamento da superficie dos espazos protexidos incluidos na RN2000 e dos humidais Ramsar. Nen sequera daqueles hábitats para os que a Comisión Europea advertíu ao estado español da súa escasa representatividade (como as turbeiras ou bosques de ribeira).
As zonas húmidas, e particularmente as turbeiras e brañas, fixan 3 veces máis C que os bosques maduros e almacenan no seu conxunto unha cantidade deste elemento superior á de todos os bosques do planeta. Incorporar estes hábitats a novos espazos protexidos até aproximarnos á media estatal de superficie RN2000 (actualmente 12% para Galiza, 27% para o Estado) é fundamental para evitar a súa destrución e recuperar aqueles degradados (como as turbeiras do Xistral).
Alongar a rede de humidais protexidos baixo a convención Ramsar (hoxe só 5 en Galiza), especialmente en zonas litorais, bacías endorreicas e cabeceiras fluviais, resulta chave para amortecer os impactos da mudanza climática (maior erosión costeira, aumento dos fenómenos meteorolóxicos estremos, maior incidencia das secas…) e aumentar a resiliencia dos ecosistemas.
En resumo, a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e o Plano Operativo para comezar a implantala de eiquí ao 2023, recolle na súa maior parte (60%) simples propostas sen orzamento. A responsabilidade da loita contra o CC volta a recaer na cidadanía, pois a Xunta rexeita poñerlle o bozo ás térmicas de carbón e a SOGAMA. Pola contra, vai dar cobertura a unha nova vaga eucaliptizadora a maior gloria de ENCE, coa excusa do secuestro de C. É ao cabo, outro “libro branco” da Xunta para compensar ter estado a velas vir durante máis de 10 anos fronte ao cambio climático.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



