Viveiro 27-4-19. En setembro coñeciamos da mán do proxecto sociocultural Vivemar a historia do Globo de Marruán. Historia recollida no seu día por Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas neste ano 2019. No seu libro de Romarías e Santuarios, o homenaxeado adicou un capítulo a Viveiro baixo o nome de SANTA MARÍA E SAN ROQUE DE VIVEIRO, onde recolle varias das tradicións aínda vixentes e tamén as que algún día formaron parte da cultura de Viveiro. E falando da noite do día 15 de agosto recolle:
“O máis curioso que tiña esta noite era un globo grandísimo, semellante ó que aínda se fai en Betanzos, pero segundo me informaron persoas que teñen visto moitas veces os dous, aínda meirande este, que non se volveu facer desde o ano 1910. Ramón Canosa conta a historia da feitura e da triste desaparación: Humor de fiestas. El último globo de Santa María. Facíase o globo con espírito festivo e cidadán, porque “aquel globo guardaba las esencias de la ingenuidad sana y alegre de toda una época”. Necesitaba a colaboración de todos. Era un globo de papel de periódicos. O técnico, enxeñeiro de semellante obra, era Marruán, de oficio barbeiro. Dispuña Marruán dun lugar para o seu labor. O concello dáballe nada menos que a “calle de Pardiñas, para que sobre ellas las hábiles manos de Marruán manejasen holgadamente la brocha sobre el engrudo; y también el pueblo en forma de cuestación democrática aseguraba la necesaria montaña de papel periódicos viejos”. Segundo declaración de Marruán, algún ano o globo levaba “dous anos de Correspondencias, tres de Imparciales e sete arrobas de Ilustracións”.
Marruán tiña o plano do seu globo: estaba contido nun novelo de moito volume, cunha cantidade inmensa, de nós que representaban as medidas de cada recorte de xornal que se facía. O tempo tiña que axudar, pois se viña chuvia era preciso recoller e agardar a bonanza. Había moitos día de “borralleiro”, pero Marruán non distraía o pensamento da súa obra. Ás veces buscaba as solucións na taberna do “Ratiños”. Despois de mollar a gorxa, vía moito mellor o valor, aínda que fose trigonométrico.
Viñeron co globo como cada ano, para o sitio onde se inchaba de fume coa cacharela que se ascendía debaixo. Era o día 14 de agosto de 1910. Comenzou a operación coa penduración do globo, pero parece, ou pareceulle á xente, que tardaba moito en subir. Comenzou o público a mostrarse inquedo e alguén berrou con voz de mando: ¡”Piiiica”!. Nun intre determinado a voz de Marruán deu a orde. Por máis que berrou Marruán, o globo non o soltaron e con tanto fume quente inflamouse e ardeu. As xentes poida que non se decatasen de que as faíscas de aquela noite eran as do derradeiro globo das festas de Viveiro. Marruán sentiuse apouvigado pola moitedume inqueda e non tivo forza moral para pasar un ano enteiro e non atinguir máis que un triste fracaso.”
Sumando a historia do extraordinario Marruán “O Barbeiro” e a necesaria recollida de lixo plástico de ríos e mares, dende a Asociación Pratodo e Eureka Actividades lanzan o reto de crear entre todos un gran globo feito en base ao lixo plástico que se atopa espallado polas áreas naturais e facelo voar sobre a ría de Viveiro.
O Concello de Viveiro apoia o proxecto , financiando o 50% do custe das actividades deseñadas para os centros educativos da cidade. As actividades divulgadoras do proxecto foron creadas e adaptadas a cada curso lectivo, dende infantil ata secundaria. Así hai unha actividade teatralizada coas personaxes de Antón Fraguas e Marruán O Barbeiro. Tamén hai obradoiros onde nenas e nenos poderán experimentar a feitura dun globo a tamaño reducido. E para os máis maiores compartirase a historia dende un formato de charla participativa onde falar de enerxías renovables, xestión de residuos, emprendemento socioambiental e por suposto das letras galegas e da importancia da obra dos autores homenaxeados.
Polo de agora, están confirmados os centros escolares de EEI San Roque, CEIP Santa Rita de Galdo, CEIP Lois Tobío, IES Vilar Ponte e o IES María Sarmiento. Ao longo do mes de maio realizaranse as intervencións nos centros escolares, así que calquer anpa ou centro que desexe contar con algunha das actividades pode poñerse en contacto a través do teléfono 654 20 83 33 antes do 03 de maio. O custe de cada actividade é de 50 euros para calquer anpa ou centro educativo.
Unha vez finalizado o curso escolar seguirán divulgando e compartindo o proxecto Globo Marruán en centros sociais, xeriátricos, etc.
Dende o IES María Sarmiento presentouse a continuación e evolución do proxecto a través da convocatoria de Voz Natura para o curso 2019-2020 porque xusto está dirixida á fomentar a reducción de lixo plástico.
Ademáis, dende a organización estableceron contacto con The Aerocene Foundation que xa ten promovido accións moi similares noutras partes do planeta. Aerocene é un esforzo artístico interdisciplinario que busca deseñar novos modos de sensibilidade, reactivando un imaxinario común para lograr unha colaboración ética coa atmósfera e o ambiente.
Porque non soñar con facer voar ese gran globo feito de lixo plástico, coa axuda de todos e sen uso de combustibles fósiles. Se noutros sitios do planeta o fixeron, porqué Viveiro non? Se un home como Marruán o logrou facer fai un século, porque nós non?

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



