O Valadouro, 18 de maio de 2019.- 45 familias do Valadouro súmanse á Cooperativa de vivendas sociais que impulsa o Concello para vivir no municipio. Así o informou o Alcalde, Edmundo Maseda, acompañado do Presidente da Deputación, Darío Campos, durante unha visita ao solar onde se edificarán os bloques de vivendas. O PSOE dende o Goberno da Deputación achegou 137.000 euros e o Concello outros 37.000 euros para a adquisición dos terreos situados na esquina da Avenida Veiga coa rúa Rosalía de Castro, cunha extensión de 2.000 metros cadrados. Nestes momentos, o Executivo Municipal está redactando o proxecto para adaptarse á normativa vixente e sacalo a licitación, sobre uns 1,2 millóns de euros.
O Alcalde destacou que se trata dun proxecto pioneiro na provincia “co que queremos que a xente nova teña acceso a unha vivenda digna por un módico prezo porque vemos como hai moitas familias no Concello con alugueres elevados que se están marchando a outros municipios porque co soldo que teñen non lles chega para pagalos. Para o equipo de Goberno o noso compromiso foi sempre facer do Valadouro un lugar atractivo para que as familias desenvolvan o seu proxecto de vida. E o queremos facer realidade poñendo facilidades a todas esas persoas”.
Edmundo Maseda explicou que “o faremos a través dunha Cooperativa para que sexan os propios socios os que financian os pisos coas súas hipotecas e lles saia a prezo de custe. Con este modelo público de vivendas familiares aos propietarios sairalles por uns 400 euros o metro cadrado, é dicir, que un piso de 120 metros cadrados estará por debaixo dos 50.000 euros. Un prezo alcanzable para calquera veciño que estea pensando en mercar unha vivenda”.
Un total de 46 vivendas situadas no centro de Ferreira
O rexedor socialista subliñou que “xa está feita a distribución das 46 vivendas, cunha media de 120 metros cadrados cada piso, con 3 ou 4 dormitorios. Contarán con prazas de garaxe e trasteiros. Os domicilios estarán localizados no centro de Ferreira, nun entorno privilexiado, pois os propietarios terán o centro de saúde e o colexio ao carón”.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



