Foz 18-5-19. Nos últimos días estamos vendo como numerosos partidos políticos se preocupan pola contaminación da nosa ría e do noso porto, non podemos mais que mostrar a nosa sorpresa ante tal preocupación, xa que este problema que estamos a soportar todos xa ven de moitos anos atrás, un grave problema medioambiental.
Notase que estamos en campaña electoral e agora vale todo, facer demagoxia barata é habitual na vella política, botarlle as culpas os outros, ou a calquera menos asumir responsabilidades.
O saneamento do noso Concello ten varios problemas derivados dunha mala planificación e que non se controlaron nin executaron as obras como se deberían haber feito.
Non hai separación de augas residuais das augas pluviais na maioría das rúas do noso Casco urbano, nin en Marzán, nin en Forxán, nin en Vilaxoane.
Hai recollidos regatos para a rede de saneamento do noso Concello.
Non están recollidos todos os saneamentos na zoa do porto para o tubo xeral que leva o saneamento para a Depuradora, posiblemente por problema de cotas, por iso aparecen vertidos no porto.
Hai distintos aliviaderos para cando a depuradora non da abasto para que non se sobrecargue o tubo xeral e cree problemas maiores.
A depuradora construída no porto xa cando se puxo a funcionar non tiña a suficiente dimensión para dar depurado todo o saneamento que alí chegaba xa daquela.
Non é certo que a depuradora construída no porto non depure ben. Depura ben cando traballa sobre a cantidade de saneamento para a que esa depuradora foi feita.
Si todos estes problemas foran atallados e corrixidos no seu momento, hoxe non estariamos discutindo a construción dunha nova depuradora, nin os problemas de vertidos no porto de Foz despois dos poucos anos de vida útil da actual depuradora. De pouco vale protestar e botarlle a culpa os mais si non facemos nada para solucionar estes problemas e arrimamos o ombreiro todos.
“Foz, Plataforma de Futuro” durante esta lexislatura aportamos ideas e chegamos a acordos para darlle solución a este problema medioambiental que temos enriba da mesa, como foi por exemplo separar as augas pluviais das residuais da Rúa Álvaro Cunqueiro.
Pero a decisión mais importante que tomamos foi desbloquear en Novembro do 2015 a posible ubicación da nova depuradora do noso Concello, apostando en consenso con diversas asociacións por unha nova posible ubicación fora do Casco Urbano, e acordando crear unha comisión de seguimento, para que os partidos da Corporación como os veciños representados nas distintas asociacións afectadas puideran participar e aportar ideas ,para que a Xunta de Galicia puidera valorala, e ver a viabilidade desta nova ubicación.
Onde estaban todos estes partidos daquela? Pois a resposta é moi sinxela, tapando os ollos , mirando para outro lado e botándonos os veciños enriba ós que estábamos desbloqueando un problema inmenso para o noso Concello e desbloqueando un problemón medioambiental.
Os veciños de Fazouro, de Forxán, de Marzán, de Vilaxoane e inclusive de Vilaronte, e sobre todo do Casco Urbano deberían saber antes do próximo 26 de Maio cales son as propostas de ubicación da nova depuradora que levamos os distintos partidos e os distintos candidatos que nos presentamos para a alcaldía do Concello de Foz, non vaia ser o demo que despois do 26 de Maio nos levemos unha sorpresa.
Pídolles ó resto de partidos políticos que participamos nas eleccións municipais de Foz e ós seus candidatos que manifesten claramente porque situación apostan para a construción da nova depuradora, si non o fan, os veciños do noso Concello poden estar correndo o risco de que voten enganados.
“Foz, Plataforma de Futuro” e eu persoalmente como candidato a Alcaldía de Foz o temos e o teño moi claro, non vou enganar a ninguén, e así o manifestei no acto público que tivemos en Forxán. Sigo apostando pola construción dunha nova depuradora fora do casco urbano, e apostando pola ubicación que se aprobou no pleno de Novembro do 2015, mentres os informes técnicos non digan o contrario. Traballarei de arreo para que esa nova depuradora, onde hai un presuposto de 10 millóns de € de fondos europeos e con perigo de perdelos si non se executa nos vindeiros anos, sexa a futura depuradora do noso Concello, unha depuradora das mais modernas de España, traballarei para mellorar o anteproxecto e o proxecto, traballarei para que se saquen as canalizacións dos regatos ó saneamento, para que se sigan separando augas pluviais da rede de fecais, para que se recollan todos os saneamentos e se canalicen ó tubo xeral, non traballarei nunca para paralizar a infraestrutura mais importante que vai ter o noso Concello nos vindeiros 25 anos polo menos.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



