Lugo, 6 de maio de 2019.- A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver as axudas para entidades locais dirixidas a impulsar as infraestruturas turísticas no rural, que na provincia de Lugo suman un importe global de 760.000 euros para desenvolver 33 actuacións.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou hoxe que este programa apoia actuacións de recuperación e sinalización de recursos turísticos e de mellora da accesibilidade, co obxectivo de potenciar o turismo como factor de crecemento económico do rural galego e como instrumento de reequilibrio territorial.
En Lugo financia 31 solicitudes individuais doutros tantos concellos e dúas iniciativas conxuntas: A agrupación de concellos da comarca de Quiroga, cun proxecto para sinalizar o territorio do xeoparque Montañas do Courel -recentemente declarado xeoparque mundial pola Unesco-, e a agrupación de Becerreá, As Nogais, Baralla e O Corgo para sinalizar a Vía Küning.
Balseiro sinalou que estes proxectos suman un investimento mobilizado de 1,2 millóns de euros, dos que a Xunta achega algo máis do 65%. Polo que respecta á distribución territorial, a maior parte dos proxectos desenvolveranse no sur da provincia (11 proxectos), seguido da Mariña (con 8).
Esta liña de axudas ampara medidas de rehabilitación ou restauración de construcións, elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas. Tamén o embelecemento dos accesos e do contorno, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros ou rutas, adecuación de aparcamentos, soterramento de contedores, eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións, e eliminación de barreiras de calquera tipo que dificulten o acceso de persoas con discapacidade ao recurso turístico e á información explicativa.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



