Segundo explican desde Gaia “este día bríndanos unha oportunidade para recordar a estratexia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, que busca reorientar o comportamento dos cidadáns con vistas a mellorar o medio ambiente. Para celebrar este día tan importante, organizamos un xogo denominado Pesca de envases, no que houbo que pescar un envase e depositalo no contenedor de recollida selectiva que lle correspondía”.
