Lugo, 06 de marzo de 2019.- O Consello da Xunta deu luz verde no día de onte ao proxecto de remodelación integral e mellora da eficiencia enerxética do colexio número 1 de Foz, unha actuación que contempla un investimento próximo ao millón de euros, en concreto, 914.376,08 euros
O alcalde da localidade, Javier Castiñeira, acompañado do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, mantiveron un encontro coa dirección do centro e representantes da asociación de nais e pais na que explicaron a situación deste proxecto.
A Xunta, que xa solicitou a licenza municipal, prevé licitar os traballos na primeira quincena de maio e executar as obras durante o verán, para non interferir na actividade ordinaria do centro. A achega autonómica está vinculada aos recursos adicionais que a Xunta dispón grazas ao obter superávit orzamentario.
Remodelación integral: mellora enerxética e funcional
As actuacións programadas están dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética e a funcionalidade do colexio e neste senso inclúen obras nas fachadas, carpintería exterior e interior, sistema eléctrico e de iluminación e mellora das aulas e espazos adminsitrativos.
Así por exemplo contempla a renovación das xanelas, mediante a colocación de vidro illante (UVA), é dicir, dobre acristalamento con cámara de aire intermedia. Incluirá a substitución das caixas de persianas e tamén a mellora das portas interiores e exteriores.
O proxecto tamén prevé o illamento de fachada no edificio novo e a substitución da cuberta neste mesmo edificio, xa que no primitivo renovouse a cuberta hai poucos anos.
A Xunta inclúe tamén a substitución de luminarias por equipos LED, con regulación lumínica e detectores de presenza nas zonas comúns e a reparación e pintado de paramentos interiores
Mellora da accesibilidade e novo espazo de xogo cuberto
Proxectarase un novo ascensor e un sistema de ramplas entre os edificios que permitirá eliminar as barreiras arquitectónicas existentes na actualidade, e un amplo soportal que ampara non soamente ese paso desenvolto en ramplas, senón un maior que achegará ao Colexio un novo espazo de xogo cuberto, moi necesario para os días de climatoloxía adversa. Xa no interior executaranse outras melloras dirixidas ao bo funcionamento do centro como a reforma dos aseos.
Outra reforma significativa será o intercambio de localización entre o comedor e a cociña. Coa recolocación do comedor, no que por ocupación, deberían existir dúas portas que nos conduzan a dúas saídas diferenciadas, o mesmo sería moito máis seguro coa porta principal aberta ao vestíbulo central do edificio e unha secundaria, aberta ao novo núcleo de escaleiras.
Coa rehabilitación proxectada incrementarase a superficie total edificada en 349 m2 (402 m2 que se aumentan e 53 m2 que se retiran), ampliando a ocupación debido ao novo soportal e ao núcleo vertical de escaleiras e ascensor.
Axilización
Castiñeira quixo agradecerlle á Xunta de Galicia que atendese con tanta rapidez a solicitude do Concello, pois este mesmo ano desde o Goberno local apuntaron a necesidade de acometer esta renovación integral do centro. Ao mesmo tempo o alcalde comprometeuse a axilizar ao máximo os trámites que dependen do Concello que permitirán contar cun colexio máis moderno e funcional e cunhas instalacións totalmente renovadas.
O alcalde tamén salientou que esta non é a única mostra do Goberno galego e local que reafirman a súa aposta por unha educación de calidade e por espazos públicos máis modernos e confortables para o conxunto da comunidade escolar e, nese senso, sinala que tamén está previsto acometer a ampliación do instituto de Foz (salón de actos) para o que se reservan 300.000 euros.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



