A Mariña, 23 de xuño de 2019. Esta fin de semana tiveron lugar en Mondoñedo e A Pontenova as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía que o organiza A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O 29 e o 30 de xuño rematan en Viveiro e Burela. Aínda quedan prazas libres, pero é necesario inscribirse.
No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se ubican e da súa contorna próxima.
As xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense teñen por finalidade dar a coñecer con actividades gratuítas para o público xeral esta iniciativa. Comezaron o pasado 16 de xuño en Cervo e esta fin de semana continuaron este en Mondoñedo, coa visita ao alfar e ao canteiro así como ao centro histórico de vila e o domingo na Pontenova, coa visita ao ferreiro Rodil, á Aula de Interpretación da Pesca e aos fornos de Vilaoudriz. Nas xornadas participaron un total de 17 persoas de distintas procedencias como Asturias, Madrid, A Coruña e da propia comarca da Mariña Lucense. Os asistentes trasladaron a súa satisfacción á organización polo positivo da iniciativa, xa que da man dos artesáns puideron coñecer en detalle e dunha forma interactiva e amena a historia que hai detrás e o proceso de traballo no alfar, no taller de pedra e na forxa. Ademais das visitas guiadas ao centro histórico de Mondoñedo e a ligazón da Pontenova ao río e ao ferro.
As xornadas de portas abertas rematan a próxima fin de semana en Viveiro e Burela. O sábado, día 29, en Viveiro coa visita a dous ceramistas –un pola mañá e outro pola tarde- e unha visita guiada ao centro histórico. A cidade do Landro pasará o testigo a Burela, que cerrará as xornadas o 30 de xuño cunha visita ás redeiras e ao barco museo boniteiro Reina del Carmen.
A iniciativa, que busca ofrecer un motivo interesante polo que desplazarse ao territorio antes da tempada alta, está dirixida tanto a locais que desexen coñecer mais sobre os recursos da zona como a visitantes que queiran vivir unha xornada diferente da man dos artesáns da Mariña Lucense. As actividades son gratuítas, é necesario inscribirse e aínda quedan prazas.
Para participar é preciso reservar en turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 654 089 894
A continuación indícanse as datas cos horarios aproximados:
Viveiro 29-06
Regal Cerámica 10:30 – 11:30
Visita centro histórico 12:00 – 13:30-14h aprox.
Miriam Cerámica 17:00 – 18:00
Burela 30-06
Redeiras 10:30 – 11:30
Barco Museo “Reina del Carmen” 12:00 – 13:00 aprox.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



