Lugo, 24 de xuño de 2019. Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de verán que organiza a Deputación na Rede Museística Provincial. Trátase de actividades dirixidas a máis de 180 rapaces de entre 4 e 12 anos, alónganse desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As actividades son totalmente de balde, o prazo para anotarse remata o día 26 de xuño no Museo Provincial e o día 27 no Museos do Mar, no Museo Fortaleza San Paio de Narla e no Museo Pazo de Tor. Para formalizar a inscrición é necesario presentar un formulario específico dispoñible nos Departamentos de Didáctica de cada sede museística.
Neste verán, a programación da Rede Museística cambia o formato da oferta, pero non a filosofía que move as actividades: os rapaces vivirán unha experiencia lúdica na que coñecerán e crearán a partir das ciencias, as artes ou a arqueolóxica, tendo en conta sempre a igualdade, a interdisciplinariedade e a sostibilidade. A programación, estará impartida por profesionais da Rede e nun espazo con importante valor histórico.
Club Sénior e Actividades con colectivos
Todas as sedes da Rede Museística da Deputación contarán tamén co obradoiro Álbum de Memoria no que os maiores traballarán as súas lembranzas a partir dunha selección de obxectos de cada Museo, usando a psicoestimulación cognitiva e a técnica da reminiscencia, tratando de establecer pontes entre o pasado e o presente.
Ademais, durante todo o verán, nas catro sedes realizaranse actividades con diferentes colectivos, entre as que destaca a colaboración Escénicas en Rede con varias asociacións ou a obra de teatro Vida Cómica, interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo.
Programación
Museo Provincial do Mar:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
1ª quenda: do 2 ao 5 de xullo, e do 30 de xullo ao 2 de agosto.
2ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.
Álbum de Memoria:
Datas: 9, 16 e 23 de xullo. De 17:00 a 19:00 horas.
Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.
Data: 4 de xullo. De 11:00 a 14:00 horas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
1ª quenda: do 9 ao 13 de xullo.
2ª quenda: do 20 ao 24 de agosto.
Álbum de Memoria:
Data: 6 de agosto. De 17:00 a 19:00 horas.
Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.
Data: 8 de agosto. De 12:00 a 14:00 horas.
Museo Pazo de Tor:
Campamento: (12 prazas en cada quenda)
1ª quenda: do 9 ao 12 de xullo.
2ª quenda: do 27 ao 30 de agosto.
Álbum de Memoria:
Data: 13 de agosto. De 11:00 a 13:00 horas.
Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.
Data: 7 de agosto. De 11:00 a 13:00 horas
Todos os camiños levan a Tor:
Actividade para membros do Club Ei! e mozos interesados en coñecer os os fondos do Museo Pazo de Tor, e apoiar eclaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Museo Provincial de Lugo:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
1ª quenda: do 1 ao 5 de xullo.
2ª quenda: do 8 ao 12 de xullo.
3ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.
4ª quenda: do 26 ao 30 de agosto.
Álbum de Memoria:
Data: 8 e 9 de xullo. De 18:00 a 20:00 horas.
Vida Cómica: Obra de teatro interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo.
Data: 25 de xuño, ás 12:00 horas.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



