Lugo, 8 de xuño de 2019. A Deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, avanzou este sábado a programación do Buxiganga da Deputación, que comeza este sábado 8 de xuño e rematará o 1 de decembro. Este programa de teatro afeccionado celebra a 11ª edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. O programa cultural Buxiganga cumpre o obxectivo de dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia de Lugo, especialmente os do rural.
García Porto sinalou que “con esta nova edición do Buxiganga acercaremos o teatro afeccionado a 52 Concellos da Provincia con un total de 114 actuacións nas que participarán 370 actores e actrices. Dende o Goberno Provincial puxemos en marcha esta iniciativa para promocionar o teatro e para dinamizar a actividade cultural nos municipios grazas aos grupos de teatro da provincia”.
No programa Buxiganga poden participar as agrupacións de teatro, encargadas da representación das obras, así como os concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que poden solicitar a celebración destas actuacións.
114 actuacións en 52 Concellos da Provincia
O Buxiganga chegará este ano a 52 localidades da provincia con 114 actuacións: Alfoz ( 4 actuacións), Baleira (1 actuación), Baralla (2 actuacións), Barreiros (2 actuacións), Begonte (4 actuacións), Bóveda (3 actuacións), Burela (2 actuacións), Carballedo (2 actuacións), Castroverde (4 actuacións), Cervantes (1 actuación), Cervo(7 actuacións), O Corgo (3 actuacións), Cospeito (2 actuacións), Chantada (1 actuación), Folgoso do Courel (1 actuación), Foz (7 actuacións), Friol (2 actuacións), Guitiriz (2 actuacións), Guntín (1 actuación), O Incio (2 actuacións), Láncara (1 actuación), Lourenzá (1 actuación), Lugo (2 actuacións), Meira (2 actuacións), Monforte (2 actuacións), Muras (1 actuación), As Nogais (2 actuacións), Ourol (1 actuación), Outeiro de Rei (1 actuación), Palas de Rei (1 actuación), Pantón (2 actuacións), A Pastoriza (2 actuacións), Pobra de Brollón (1 actuación), Pol (2 actuacións), Portomarín (2 actuacións), Quiroga (2 actuacións), Ribadeo (2 actuacións), Ribas de Sil (2 actuacións), Ribeira de Piquín (1 actuación), Riotorto (2 actuacións), Sarria (4 actuacións), O Saviñao (2 actuacións), Sober (2 actuacións), Taboada (2 actuacións), Trabada (2 actuacións), Triacastela (1 actuación), O Valadouro (4 actuacións), O Vicedo (4 actuacións), Vilalba (1 actuación),Viveiro (3 actuacións), Xermade (2 actuacións) e Xove (2 actuacións).
Participarán 38 grupos de teatro da provincia
Alfoz: Grupo Humorístico Trípode, O Muro.
Baralla: A Rabela Teatro, As Consultas Do Doutor Baldomero Bautista.
Barreiros: Colectivo Cultural Ollomao, Enciclopedia Álvarez.
Burela: O Torques, Cena familiar.
Castro de Rei: Os Baluros, Menciñeiro á forza; Os Trocos, Unha noite de primavera sen sono.
Cervo: A Mariña, O gardián da árbore dos desexos; Ardora, O silencio do badal; O Bordelo, Toluras de proveito.
Chantada: Argalleiras de Teatro, O feitizo; Sacarina, Madialeva; Centro Teatral Faro-Miño, Sintrón nin són.
Foz: A Adala, Comeza a función, A Adala infantil, Que cousas pasan no camiño, O Batán, Bicos de vinagre; O Centiño, El Guindilla; Pico do Castro, Matías está tolo; Axóuxeres, Un divorcio no pobo; Touporroutou Teatro, Comedia bífida.
Lugo: Nova Escena Teatro, As fillas de Eva; Os Palimoquiños, Borralliña; Os Pinchacarneiros, O Lazarillo do Miño; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde, O achado do Castro; Curuxan Teatro Impro, Improvincia; Grupo de Teatro Down, Soños; Hipócrita Teatro, Hotel Desencanto; Ti e máis Eu Teatro, A meiga no palleiro do galo castiñeiro.
Monforte: Grupo de Teatro Viraventos, Sucesos; Teatreiras, Pros e Contras.
Monterroso: Escola de Teatro Falcatrueiros, G-13.
As Nogais: Asociación Cultural Abrente, As pastillas de Farruco.
Palas De Rei: Alentía Teatro, No berce dos contos; Metáse Teatro, Na procura dun traballo.
Pontenova: Lume Escénico, Noite de Reis.
Ribas De Sil: Grupo de Teatro Augas do Sil, Princesa busca pretendente.
Sarria: Rebuldeira Teatro, Delicadas.
Viveiro: Obra Viva, Casa Macho.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



