Lugo, 18 de xullo, 2019. “Máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar ao compañeiro saínte”. Así o destaca a deputada do PP, Elena Candia, unha vez rematado o acto de constitución da nova Corporación provincial, asegurando que “dende o Grupo Popular traballaremos dende a responsabilidade, a coherencia e aproveitando a experiencia da man dun proxecto claro”. Nese senso, lamenta que “PSOE e BNG rexeitaran escoitar o proxecto de provincia que lles presentaba o Partido Popular, o partido máis votado polos lucenses e que ten un proxecto serio dirixido a mellorar a nosa provincia”.
Así mesmo, lembra que “a un día antes de constituírse a Deputación o que lles preocupaba era o reparto de sillóns tal e como puidemos comprobar onte a través dos medios, pero pouco coñecemos das prioridades que estableceron para a provincia e das necesidades que pensan atender. Parece que o único que pretenden é ter unha arma política contra a Xunta gobernada polo PP”, engade.
“O presidente do partido co peor resultado”
Elena Candia manifesta así que “a Deputación conta dende hoxe cun presidente do partido que obtivo o peor resultado dende o 2007 e, polo tanto, que conta con menos respaldo das urnas”. Nese sentido, cre que “é o presidente más débil e con peores formas. Non en van, o seu valedor, o presidente da xestora dos socialistas na nosa provincia, está sendo cuestionado incluso por un dos seus propios deputados que asegura ter probas na súa contra”.
“O PSOE ten menos deputados na que nos pasados mandatos e chega á presidencia da institución provincial grazas a un acordo co BNG a costa, probablemente, de prezos que non coñecemos”, insiste.
Compromiso de traballo pola provincia
Con todo, os populares felicitan ao presidente e amósanlle “o noso respecto institucional” manifestando que “o Grupo Popular traballará dende o compromiso coa provincia”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



