Madrid, 20 de agosto, 2019. O senador lucense, José Manuel Barreiro, demandará ao Goberno en funcións unha solución urxente para Alcoa San Cibrao. O popular vén de presentar na Cámara Alta unha interpelación neste senso “preocupado” e “alarmado” pola “falta de reacción” do Executivo ante a redución na produción da factoría, que pode conlevar o inicio de despedimentos a non moi longo prazo.
Barreiro defende que “estamos ante unha situación inaudita”, pois o peche de 32 cubas de electrólise nunca se produciu, salvo na ocasión do Casón. Por este motivo, pide aos dirixentes que emprendan as xestións necesarias para aprobar o estatuto das electrointensivas “para frear o que pode ser nun futuro non moi lonxano o peche da fábrica, tal e como xa aconteceu coas prantas de Avilés e A Coruña”.
“Sen escusas”
Ademais, o popular considera que o Executivo de Sánchez “non ten escusas para non facelo”, xa que, aínda que está en funcións, podería aprobalo a través dun Real Decreto que, posteriormente, ratificaría o Consello de Ministros.
Deste xeito, o senador lucense defende que non existe ningún impedimento para “dar luz verde” ao documento que paliaría a grave situación que atravesa Alcoa, xa que ata o de agora, ademais de non recibir aos afectados, Pedro Sánchez incumpriu os seus compromisos e tamén os prazos que el mesmo fixou. Son os seguintes:
O Real Decreto-Lei do Goberno de 7 de decembro de 2018, de Medidas Urxentes para o Impulso da Competitividade Económica no Sector da Industria e o Comercio en España, daba ao Goberno un prazo de seis meses para elaborar e aprobar un Estatuto de Consumidores Electrointesivos.
O Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, presentado no Consello de Ministros o 22 de febreiro, establece a aprobación deste estatuto como unha das medidas de acompañamento aos sectores estratéxicos industriais previstas na Estratexia de Transición Xusta.
En febreiro de 2015, antes das elección xerais, o daquela candidato socialista Pedro Sánchez, prometeu aos traballadores de Alcoa que buscaría un sistema estable para
Fixar unha data
Barreiro sinala que é imprescindible concretar unha data para a aprobación do estatuto, porque sen un marco normativo e un prezo estable non hai futuro nin para Alcoa nin para o resto de empresas grandes consumidoras. Ademais, o prezo da electricidade en España é moi caro, un 50 % máis que en Alemaña ou Francia, polo que a factura eléctrica supón o 41 % do gasto de Alcoa, nun momento no que o prezo do aluminio no mercado tamén está baixo.
Concretamente, esta pranta dá traballo a máis de 1.100 familias de (sumando as fábricas de alúmina e de aluminio), sen contar os empregos indirectos que xera na costa lucense, nas empresas auxiliares e en sectores como servizos e hostelería. Calcúlase que en torno a 5.000 postos de traballo en total.

















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



