Lugo, 20 de agosto, 2019. A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, considera que o Pleno Extraordinario celebrado esta mañá serviu para que o presidente rectificase no seu plantexamento sobre as residencias. “A súa decisión coñecíamola todos, pero viuse na obriga de rectificar para frear a inseguridade que xerou coas súas declaracións sobre a viabilidade e futuro dos centros construídos e dos que están proxectados”, afirma. Por este motivo, lamenta que o socialista, “para xustificar as súas declaracións sobre este asunto e a súa entrada na Deputación”, intentase culpabilizar aos medios de comunicación das mesmas.
Esta rectificación, tan só 20 días despois das afirmacións do socialista, prodúcese no marco da petición de Pleno Extraordinario para aclarar algo que “considerabamos que era xusto e que afectaba ao futuro e a xestión das residencias construídas, así como ao dos centros prometidos. “As palabras do presidente e do seu goberno fixeron saltar todas as alarmas. E non o dicimos só nós, que lle pregunte, por exemplo, aos veciños de Castroverde que aínda non teñen a súa residencia aberta malia ser inaugurada no ano 15”, apunta Candia.
Malia todo, dende o PP consideran que se logrou o obxectivo, que era acadar o compromiso de execución e xestión dos 18 centros proxectados por parte do organismo provincial, pero adiantan que seguirán de preto as xestións que emprendan ao respecto, co fin de que realmente se faga realidade a palabra dada hoxe no Pleno, pois “dicir dixo que si o farían, pero, sen embargo, votar votou en contra”; o que demostra que “o PSOE cambia, unha vez máis, de idea sobre a marcha cos conseguintes prexuízos para as persoas. Por exemplo, ao máis estilo Open Arms”, conclúe.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



