Lugo, 02 de agosto de 2019. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentación tamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros.
García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical. Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concerto a intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o Cuarteto Casals ou o grupo El Afecto Ilustrado, entre outros”.
O Festival de Música Bal y Gay naceu no 2014 con dúas premisas fundamentais: por unha banda, potenciar a formación musical e instrumental en todos os niveis e, por outra, promocionar este tipo de xénero musical na contorna rural, onde a accesibilidade a este tipo de eventos é moi limitada. Este evento musical, que se celebrará en 6 xornadas, contará cun ciclo de concertos e clases maxistrais de piano e clarinete.
Programación
– O 24 de agosto, ás 21.00 horas, actuación do Afecto Ilustrado, na Igrexa de Santiago.
– O 25 de agosto, ás 20.00 horas, actuación de Noelia Rodiles, no Pazo de Fontao.
– O 26 de agosto, ás 18.30horas, concerto didáctico do grupo Arcos Iris, na Sala Bahía.
– O 27 de agosto, ás 20.30 horas, Ensemble Festival Bal y Gay, na Sala Bahía. O ensemble do Festival está formado por músicos das mellores orquestras de España e do estranxeiro, como a orquestra de Euskadi, a Orquestra Nacional de España, ou a Orquestra da BBC de Escocia, entre outros.
– O 28 de agosto, ás 20.30 horas, conferencia-concerto sobre Leonard Berstein, na Casa da Cultura de Foz.
– O 29 de agosto, ás 20.30 horas, actuación do Cuarteto Casals, na Basílica de San Martiño de Foz.
Ademais, o Festival Bal y Gay inclúe clases maxistrais de piano e clarinete que se celebrarán na Escola Municipal de Música Arcadio Mon e na Casa da Cultura Manuel María. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 10 de agosto. Os profesores serán: Vicente Alberola, da Malher Chamber Orquestra; Javier Martínez, da Orquestra de RTVE, e Juan Antonio Ferrer, da Orquestra Sinfónica de Galicia.






















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



