Lugo, 2 de agosto, 2019. O Grupo Provincial Popular lamenta que “as estradas de titularidade provincial pasarán o verán sen desbrozar”. Así o entende o vicevoceiro popular, Javier Castiñeira, ao constatar que as estradas das que a Deputación é a titular “continúan sen rozar a comezos de agosto” porque “aínda permanecen abertos procesos de contratación para realizar estes traballos nalgunhas estradas e, no caso dos labores que xa están adxudicados, non comezarán ata a última quincena de agosto”. A súa posta en marcha retrasarase porque é preciso formalizar o contrato antes de dar comezo ao servizo.
Os populares xa denunciaban a comezos deste verán o estado de abandono das marxes das estradas provinciais, así coma a necesidade de actuar nelas “con urxencia. Se a situación era lamentable fai un mes, agora é totalmente insostible”. Por iso, dende o Grupo Provincial do PP esíxenlle ao presidente, que ademais é o responsable de Vías e Obras, que “se poña mans á obra e tome cartas no asunto” porque “non é de recibo que dende a institución provincial se estea a proxectar unha mala imaxe da provincia debido a que as estradas provinciais permanecen sen limpar a mediados do verán”, tal e como indica Castiñeira.
“A falta de limpeza da maleza contribúe a aumentar o risco de posibles incendios nunha época de altas temperaturas e, sen dúbida, supón tamén a redución da visibilidade dos condutores podendo ser esta a causa de posibles accidentes de tráfico”, engaden. Pero tamén lamentan dende o Grupo Provincial do PP a imaxe “de abandono e descoido” que se transmite nesta época na que a nosa provincia recibe moitos visitantes –tanto peregrinos que discorren polas distintas vías do Camiño de Santiago, coma visitantes das zonas costeiras ou outro moitos atractivos dos concellos lucenses- e que “continúan na mesma situación dende comezos deste verán”, lamenta Castiñeira.
As estradas da Deputación, intransitables nos últimos veráns
Así mesmo, dende o Grupo Provincial Popular lembran que “este non é o primeiro ano que se producen retrasos por mor do desleixo dos dirixentes provinciais. O PP, en previsión e co fin de anticiparse a esta situación, xa en 2017 presentou diversas propostas de resolución e de rogos en Pleno, para pedir ao equipo de goberno a axilización do procedemento de contratación das obras de desbroce, así como o inicio de execución das mesmas. Con todo, e a día de hoxe, “os socialistas aínda non corrixiron esta forma de actuar provocando que as estradas sexan intransitables nesta época”.
Información sobre o estado da licitación dos labores de desbroce:
https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/Dco7CoAwDADQI2UQHYQOIuJcHbRdJDRFgunHUhw8vY4PHljYwUZ8-MTKKaL8NuR9Fo5XT76iiD-EHVd0f4ANLFim6REw5saYxm4JxOVtZk1t6VatFOQQhg_OGrvh/




















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



