Trátase dun libro de relatos escrito por Francisco García Novio. Será ás 20,30, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, coa organziación da A.C. Francisco Lanza.
Unha cita á que a institución provincial achega 10.000€ para a súa organización e que reuniu a centos de persoas na Praza do Concello trabadense para degustar este prato típico do municipio. Carlos López destacou a colaboración da institución provincial a esta “cita senlleira, que pon en valor unha cultura gastronómica capaz de atraer visitantes ao noso territorio”. Destacou o traballo que fai o Concello mariñán por enxalzar este produto, tamén chamado faragullos que se elabora con touciño, ovos, leite, fariña e auga.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias felicitou este sábado a Reyco polos seus 30 anos de traxectoria no sector do transporte por estrada. Un exemplo de empresa lucense que medra con rigor, compromiso e aposta pola calidade "Desde a Xunta de Galicia seguimos apoiando ao sector con medidas para modernizar frotas, dixitalizar procesos e mellorar a formación dos profesionais". "O transporte é clave para o futuro económico de Galicia e empresas coma esta son parte dese avance", apuntou.
Abordaron as necesidades deste municipio e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución de proxectos conxuntos no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.