Ribadeo, 4 de setembro de 2019. As dúas oficinas de turismo, a de Ribadeo e das Catedrais, recibiron en agosto as consultas de máis de 40.500 persoas, que sumadas ás 25.000 de xullo fan un total de máis 65.000 nos meses centrais do verán. A ocupación hoteleira en agosto situouse entre o 95 e o 100%, incrementáronse as pernoitas en Ribadeo, subiu o turismo organizado e tamén o número de peregrinos que percorren o Camiño Norte a Santiago. Os datos foron ofrecidos esta mañá polo concelleiro Pablo Vizoso.
O edil de Turismo explicou que “os hoteis de Ribadeo pechan o mes de agosto cunha ocupación do 95-100%, superando lixeiramente a cifra do mesmo mes en 2018. O municipio recibe un turismo que é fiel, a pesar da meteoroloxía, e que se mantén, alentado polos visitantes de todo o estado español, que buscan un destino con fermosas paisaxes, unha interesante oferta cultural, unha gastronomía excepcional e un clima suave. Á vista destes datos está claro que Ribadeo é un referente de primeiro nivel no turismo galego, situándose como un dos destinos máis importantes do norte de Galicia”.
Pablo Vizoso dixo que “a este destino, veñen visitantes de todo o estado e cidades españolas pero son os madrileños os que máis se decantan por pasar os días de descanso na nosa vila. Cataluña, Andalucía, Castela e León e Valencia son as seguintes comunidades de residencia con más turistas que visitan Ribadeo. Os turistas internacionais proceden de máis 40 países diferentes pero sobre todo de Francia, Italia e Alemaña”.
A oficina de turismo da vila abriu todos os días do mes de agosto en horario de mañá e de tarde contabilizando un total de 15.002 viaxeiros. Nesta oficina os días de maior afluencia foron o 7 de agosto con 729 persoas e o 21 de agosto con 739 visitantes. Cabe salientar que o día 6 só durante a mañá se atenderon a máis de 400 persoas.
O punto de información turística da praia das Catedrais rexistrou un total de 25.521 consultas. Os días de maior afluencia foron o 18 de agosto con 1.107persoas e o día 22 con 1.151 viaxeiros atendidos.
O concelleiro de Turismo tamén se referiu ás pernoitas: “segundo os datos rexistrados segue a tendencia á alza das persoas que pernoitan en Ribadeo e consultan as nosas instalacións. Así un 33,3% establecen a súa base no noso concello. E despois de facer unha sondaxe entre os establecementos hoteleiros a ocupación neste mes de agosto foi do 95%-100%”.
No tocante ao turismo de procedencia estatal, Madrid segue a ser o principal emisor con 9.267 persoas entre as dúas oficinas xunto con Cataluña e Andalucía. Sendo a Comunidade Valenciana e Castela e León as seguintes comunidades emisoras.
Con respecto ao turismo internacional, nótase un importante incremento dos viaxeiros procedentes de Italia que duplican aos do ano pasado e que practicamente igualan aos visitantes chegados de Francia, que é o principal emisor. Outros países emisores a destacar son Alemaña, Portugal e Arxentina.
Outro dato importante é o notable incremento de viaxeiros procedentes de Rusia que duplican aos do ano pasado.
O turismo español supón o 90,64% do total e o estranxeiro o 9,36% na oficina do centro da vila. E na da praia das Catedrais o turismo español supón o 85,83% e o estranxeiro o 14,17%.
Turismo organizado
Un total de 79 grupos con 3.438 persoas acudiron a solicitar información ás oficinas de Ribadeo durante este pasado mes de agosto. Para Pablo Vizoso “trátase dun dato relevante xa que cada vez é maior o número de autobuses que trae á xente ata Ribadeo para desfrutar de todos os encantos que ofrece. Na oficina de turismo do centro rexistráronse un total de 29 grupos organizados con 1.237 persoas, mentres que polo punto de información das Catedrais pasaron 50 grupos con 2.201viaxeiros”.
Camiño Norte
O concelleiro de Turismo engadiu que “en canto ao Camiño de Santiago desde que o Camiño Norte conseguira a distinción de Patrimonio da Humanidade o número de peregrinos que o percorreron multiplicouse. É xa unha estampa habitual atoparse en Ribadeo con peregrinos no centro histórico e naquelas parroquias polas que transcorre. Durante estes 2 meses recibíronse camiñantes de máis de 40 países diferentes entre os que destaca Alemaña, Italia, Francia, etc. Un dato moi importante é que aumentou a cifra de peregrinos que pernoita na vila debido á recente inauguración de dous albergues de peregrinos privados. Este dato vén confirmar que o Camiño está a xogar un papel crave en desestacionalizar o turismo de Ribadeo. O obxectivo é lograr que a vila teña visitantes, non só durante a época estival, senón o resto do ano”.
Os esforzos realizados durante este último ano polo Concello de Ribadeo (xornadas entorno ao camiño Ribadeo no Camiño, obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño e o programa desenvolvido pola Concellería de igualdade Ribadeo Camiño Seguro) para promocionar e mellorar o Camiño Norte ao seu paso polo municipio tiveron un efecto dinamizador directo sobre o número de peregrinos que cruzaron Ribadeo nos últimos anos e desde o departamento de Turismo seguirase a traballar para que ano tras ano sexan máis os camiñantes que elixen o roteiro xacobeo que transcorre polo municipio.
En total 665 peregrinos foron os que solicitaron información na oficina de turismo da vila, o que segue a demostrar o tirón que ten o Camiño Norte de Santiago.
Visita á praia das Catedrais
As Catedrais confirma un ano máis o seu carácter de icona turística de Galicia. Así, segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente, a praia ribadense consolídase como o segundo monumento de Galicia máis visitado, só superado pola catedral de Santiago de Compostela, e en terceiro lugar atópanse as Illas Cíes.
Neste mes de agosto, tendo en conta que as entrada estiveron esgotadas 26 días consecutivos, As Catedrais recibiu máis de 126.000 visitantes. Converténdose, desta maneira, no destino imán da Mariña.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



