Foz, 22 de outubro, 2019. A asociación cultural A Pomba do Arco, no marco dos actos de homenaxe a Xoán Carlos González Basanta, que se celebraran coincidindo co trinta aniversario da entidade, editará un libro póstumo da súa autoría. O volume titulado, Charametas da memoria, en referencia a uns relatos inacabados que escribiu nos seus últimos anos, recolle unha serie de textos e discursos, unha parte deles inéditos, outros recollidos en diversas publicacións e unha parte deles coñecidos pero non impresos. Xoán Carlos González Basanta, caracterizouse polo seu gusto literario, pola súa finura á hora de escribir, pola súa vontade de estilo e por ter tocados diferentes xéneros, como a poesía, a narrativa, o ensaio e a oratoria, onde nos deixou pezas de imborrábel recordo para os focegos.
O libro, impulsado pola Pomba do Arco, responde ao obxectivo de axudar a coñecer de primeira man as preocupacións e motivacións de Xoán Carlos González Basanta pero tamén de comprender a razón de ser dun entidade empeñada en facer cultura galega en Foz. Os textos de Basanta incluídos no volume recollen unha parte da súa obra de ficción, concretamente, unha serie de poemas publicadas no fanzine O Cadaleito baixo o pseudónimo de Luís de Fonseca e un bosquexo de libro de relatos que non lle deu tempo a rematar. Ao tempo, achega un pregón pronunciado con motivo das festas do Carme de Foz e unha intervención pública realizada nun acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, como exemplos dunha oratoria que emocionou e a moitos focegos. Xa por último, inclúense unha serie de textos previstos como limiares para diversas publicacións, a maioría deles coñecidos e un aínda inédito.
Charametas da memoria presentarase coincidindo cos actos da homenaxe a Xoán Carlos Gonzalez Basanta, a celebrar o sábado 26 de outubro ás 20:00 h no salón de actos do colexio Martínez Otero, onde se porá en escena un espectáculo teatral e musical, elaborado en exclusiva para a ocasión polo grupo teatral Touporroutou teatro e o músico e director da escola de música de Foz, Felipe Sánchez. A montaxe está baseado nunha serie de textos literarios elaborados por Xoán Carlos González Basanta, os máis deles a día de hoxe inéditos e, onde se recollen, as preocupacións do homenaxeado, a súa visión de Foz e das súas xentes, as motivacións persoais e colectivas e sobre un todo un inmenso cariño ao seu pobo.
A asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a toda a veciñanza de Foz e d´A Mariña, e moi particularmente, a todos aqueles que gozaron da amizade de Basanta, a asistir a este acto na súa lembranza. Os actos do trinta aniversario d´A Pomba do Arco, terán continuidade a partir das 22.00 h, no Restaurante Racimo de Foz, cun menú de entrantes, arroz negro con chipiróns e gambas, tenreira asada e postre e unha actuación do grupo musical Vudú. Vudú, é un dúo musical formado por Belén Tajés, antiga vocalista de Luar na Lubre e Maritxinha, cunha recoñecida traxectoria musical , até o punto de conseguir o premio á mellor canción galega no certame de música moza “Eu son VooDoo”ou o premio Martín Codax de música de 2017. Aquelas persoas interesadas en acudir a cea e o concerto deberán retirar a súa tarxeta, antes do 23 de outubro, no restaurante Barrilete, na ferraxaría Fuente ou na cafetaría Mayros, ou poñerse en contacto con nos no telefone 608-555-010.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



