O Vicedo, 5 de outubro, 2019. Dentro do curso de turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía, que se celebran os días 4, 5 e 6 de outubro nos concellos de O Vicedo e Mañón (www.cursoturismoornitoloxico.gal), cabe destacar que o domingo 6 de outubro a partir das 10h da mañá terá lugar unha charla-obradoiro aberta ao público en xeral que tratará o potencial do turismo ornitolóxico desde unha perspectiva xeral e tamén a posible aplicación á comarca, de maneira que abordará as claves do turismo ornitolóxico a nivel tanto global como en España e Galicia. Trataranse, por tanto os seguintes temas:
O Turismo Ornitolóxico no mundo e en Europa
Por que existe o Turismo Ornitolóxico?
E desde cando?
En que consiste iso de viaxar para ver aves?
Como prepara a súa viaxe un turista ornitolóxico?
Cales son as súas principais motivacións?
E as súas necesidades? Cal adoita ser o tamaño dos seus grupos?
Como adoita distribuír a súa xornada de turismo un turista ornitolóxico?
Cales son as dimensións do Turismo Ornitolóxico a nivel global?
Cales son os principais ámbitos de contacto dos profesionais deste tipo de turismo (feiras, webs, publicacións, etc.)?
Cales son as principais vías de promoción e comercialización dos diferentes produtos de turismo ornitolóxico?
Cales son os destinos preferidos no mundo e en Europa para o turista ornitolóxico? Por que?
O Turismo Ornitolóxico en España
En que se fundamenta a oferta de Turismo Ornitolóxico de España?
Cales son os esforzos e accións destinados á súa promoción por parte das diferentes administracións?
Cal é a importancia do Turismo Ornitolóxico no sector turístico español?
Cantos turistas veñen cada ano a España a observar aves?
Cal adoita ser o seu orzamento medio?
Cal é o perfil habitual do Turista Ornitolóxico estranxeiro en España?
E os seus intereses no momento de viaxar?
E cal é o perfil habitual do Turista Ornitolóxico nacional en España?
E os seus intereses no momento de viaxar?
Cal é o tamaño habitual dos seus grupos?
Cales son as súas necesidades?
Exemplos de ofertas de servizos turísticos ornitolóxicos en España (rutas de varios días, rutas dun día, hides…).
Feiras, webs, principais operadores turísticos, etc.
O Turismo Ornitolóxico en Galicia
Cal foi ata agora o desenvolvemento do Turismo Ornitolóxico en Galicia? Breve historia.
Cales son, de forma moi rápida e sintética, os maiores atractivos para o turista ornitolóxico de Galicia?
E as súas principais carencias?
Á vista de todo o anterior, fagamos un rápido DAFO en común do Turismo Ornitolóxico en Galicia.
En que se parece e diferencia ese DAFO ao doutros tipos de turismo en Galicia?
Ademais dos mencionados, cales son os maiores atractivos de Galicia para o Turista Ornitolóxico estranxeiro?
Ademais dos mencionados, cales son os maiores atractivos de Galicia para o Turista Ornitolóxico nacional?
Como deseñou Turismo de Galicia a súa promoción do Turismo Ornitolóxico en Galicia?
Por que?
O Turismo Ornitolóxico no norte de Galicia
Que papel xoga esta zona, na oferta de Turismo Ornitolóxico de Galicia?
Por que?
Cales son os destinos e aves máis atractivos?
Cales son os maiores atractivos para o Turista Ornitolóxico galego, que tamén o hai?
Como percibides as potencialidades desta zona para o Turismo ornitolóxico?
A charla, que correrá a cargo do experto ornitólogo galego Antonio Sandoval, é aberta ao público en xeral pero principalmente dirixida ao sector do turismo (hostelería, comercio, empresas de servicios turísticos, concellos, etc)



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



