Foz, 8 de outubro de 2019. Cada ano o 19 de outubro celebrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama e dende a Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra el Cancro queremos facer público, un ano mais, a nosa reivindicación nun día tan especial.
En consecuencia o voluntariado da Delegación Local de Foz colocará, o próximo día 12, unha mesa informativa sobre o cancro de mama na zoa portuaria a partires das 11:00 horas. O noso desexo é ofrecer información sobre a enfermidade, a necesidade de participar nos programas de prevención e os servizos de axuda que ofrece a AECC.
Outro dos actos importantes será o día 19 e, por elo, invitamos a todos os veciños e visitantes a participar na concentración que, como todos os anos, vimos facendo na Plaza do Concello as 12:00 horas. O noso principal obxectivo é concentrarnos dando apoio os enfermos para que ningún se sinta só e a vez reivindicar mais apoio para a investigación.
Cerraremos os actos do cancro de mama pedindo a todos a participación na consolidación da Cea-Baile solidaria contra o cancro o próximo día 26 de outubro e que para elo, estamos contado coa colaboración do Hotel Leytón ademais da implicación do Concello, ACIA-Centro Comercial Aberto e un número importante de empresarios e comercios que tamén colaboran co seu esforzo para que este evento siga sendo unha realidade.
Con todos estes actos, dende Foz, sabemos que estamos sumando no esforzo colectivo para que a Asociación Española Contra o Cancro siga dando atención psicolóxica, atención social e de acompañamento a os enfermos de cancro de A Mariña. Pedimos por tanto, a participación de todos na Cea-Baile que celebraremos en Foz, no Hotel Leytón, porque entendemos que é un esforzo e un bon momento para xuntarse amigos socios e veciños desfrutando e convertendo unha cea de amigos en un gran xesto solidario cuxos fins realmente merecen a pena.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



