Mondoñedo, a 14 de outubro de 2019.- A creación de novos servizos e a rehabilitación e conservación do patrimonio construído son dous dos obxectivos do goberno municipal de Mondoñedo, presidido por Elena Candia. Nesa liña se inscriben os pasos que comezou a dar co fin de que, mediante un convenio entre o Concello e o Instituto Galego da Vivenda e Solo para o financiamento de accións de rehabilitación, sexa posible restaurar un edificio emblemático e, segundo as previsións, ceder dúas das súas plantas a unha entidade social sen ánimo de lucro.
A alcaldesa, Elena Candia, indica que, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mondoñedo inicia os trámites para a compra do edificio do antigo Hospital de Cabanela. É un edificio emblemático, cuxa restauración suporá un avance na mellora do parque inmobiliario de Mondoñedo e mellorará tamén a imaxe urbanística. A colaboración Concello-Xunta materialízase mediante un convenio entre a institución municipal e o IGVS para o financiamento dos traballos de rehabilitación.
Ao mesmo tempo, o Concello tenta dotar a Mondoñedo de novos servizos. Por iso, inicialmente está previsto que se cedan dúas plantas do inmoble que vai ser restaurado a unha entidade social sen ánimo de lucro, para unha residencia de menores. Esta entidade será seleccionada pola Xunta de Galicia, mediante o correspondente procedemento.
Este é un proxecto que creará quince postos de traballo, para atender as seguintes responsabilidades e tarefas: dirección, auxiliar administrativo, traballador/a de noite, educadores, cociñeiro e gobernante/a do servizo de lavandería.
A alcaldesa, Elena Candia, expresa o seu agradecemento ao BNG polo apoio á creación do servizo, aínda que non concorde e critique outros aspectos desta iniciativa. En canto ás críticas efectuadas polo PSOE, só se pode dicir que unha vez máis demostra a súa falta de sentido da responsabilidade en todo o que resulta beneficioso para Mondoñedo, como é o caso desta iniciativa. Por certo, con respecto á cualificación que fan deste asunto como «pelotazo urbanístico», hai que dicir que é unha mentira absoluta con algún perfil de dubidosa legalidade.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



