Foz, 14 de outubro de 2019. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Secretario de Organización, Juan José Díaz Valiño, acompañados dos Candidatos ao Congreso e ao Senado, mantiveron este luns pola tarde na Casa da Cultura de Foz, unha xuntanza de traballo cos Voceiros da Mariña para analizar a folla de ruta de traballo das vindeiras datas. “O futuro de Alcoa é que mais nos preocupa a todos os socialistas, e queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade, xa que o Goberno de Pedro Sánchez nunca vai abandonar nin aos seus traballadores, nin as súas familias. Todos seguimos traballando, cóbado con cóbado, para atopar unha solución”.
Patricia Otero denunciou a deixadez e o abandono do Goberno de Feijoo coa comarca da Mariña. “A dia de hoxe non existe ningún proxecto relevante do PP de Feijoo para os máis de 70.000 veciños da contorna. A Feijoo e a Balseiro, nin están, nin se lles esperan. Por poñer un exemplo da súa política sectaria, no Concello de Trabada puidemos comprobar como hai uns días a Alcaldesa, Mayra García pelexaba por manter aberta a unidade infantil da súa vila, e só atopou atrancos e impedimentos por parte do PP, e ata que a pecharon non pararon, iso si, sen poñer enriba da mesa nin unha soa solución a este grave problema como é a despoboación”, espetou.
Nesa liña criticou a “discriminación constante e a nula sensibilidade demostrada do PP coa atención sanitaria na Mariña de Lugo”. E lembrou que o PP “vetou unha proposta socialista para recuperar ao persoal recortado na ambulancia medicalizada e o servizo 24 horas na ambulancia asistencial de Foz”, dixo.
O Goberno de Pedro Sánchez comprometido coa Comarca
Pola contra a Secretaria Provincial puxo enriba da mesa o traballo do Goberno de Pedro Sánchez nestes meses na Mariña. “O Ministerio de Fomento xa deu luz verde ao do treito Foz-Barreiros dá Autovía dá Mariña (A-74), que vén de superar o trámite de información pública e que conta cun investimento estimado de 241,4 millóns de euros. Ademais, tamén se anunciou a contratación por 2,04 millóns de euros dos prototipos para paliar os efectos da néboa sobre o tramo da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.Outra vella reivindicación, a iluminación da Ponte dos Santos xa é unha realidade, tras as sucesivas negativas do PP. Tamén se licitaron obras do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social en Viveiro cun investimento de preto de 1 millón de euros”, citou a modo de exemplo.
Otero remarca que as políticas sociais seguen sendo o ADN do PSOE. “Por iso vamos a seguir traballando dende o PSdeG-PSOE para que a Comarca da Mariña non quede relegada. Dende o Goberno de Pedro Sánchez impulsáronse iniciativas de apoio para erradicar a violencia de xénero, o reto demográfico, o sector lácteo, axudas autónomos, vivenda, e por suposto a suba das pensións a máis de 117.000 lucenses e do SIM. E esta vai ser a nosa folla de ruta, seguir traballando ante a inacción do Goberno de Feijoo”, resumiu.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



