Santiago, 5 de novembro de 2019. O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana o apoio do Parlamento galego á proposta de estatuto para os consumidores electrointensivos elaborada polo Goberno galego, ao tempo que solicita ao Goberno de España que asuma esta iniciativa e que adopte todas as medidas previstas de maneira inmediata. Así mesmo, solicitará ao Ministerio de Fomento que confirme o compromiso de impulsar a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño, como estaba previsto no Plan extraordinario de investimentos en estradas do Goberno de Mariano Rajoy.
Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que a sesión plenaria inclúe a comparecencia da conselleira de Política Social, atendendo unha petición tanto da propia conselleira como dos grupos da oposición, para informar sobre a situación da atención ás persoas maiores en Galicia.
Puy salientou que o número de prazas en residencias incrementouse en Galicia un 42 por cento desde o ano 2009, pasando de 5.578 a 7.969, ao que se engadirán as sete novas residencias que se construirán nas setes grandes cidades galegas, con 900 novas prazas en total, logo do acordo acadado entre a Xunta coa Fundación Amancio Ortega.
5.000 EMPREGOS EN SITUACIÓN CRÍTICA
No apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular solicitará o apoio do Parlamento galego á proposta de estatuto para os consumidores electrointensivos elaborada polo Goberno galego e que considera necesario que o novo Goberno central asuma na súa integridade, en tanto que a situación dos 5.000 empregos que dependen en Galicia destas industrias é crítica, moi especialmente daqueles que dependen da factoría de Alcoa en San Cibrao.
O portavoz popular concretou que, ademais das subvencións para compensar as emisións directas de CO2, que no caso da factoría de Alcoa en San Cibrao supoñen 25 millóns de euros, considerados insuficientes polos propios traballadores, a proposta de estatuto elaborada polo Goberno galego incorpora medidas de carácter fiscal, como a supresión do imposto do 7 por cento á xeración eléctrica a todos os consumidores e do céntimo verde ao carbón; a redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso, co obxectivo de axustar os custos de transporte ao resto de países europeos; o fomento dos contratos bilaterais de enerxía eléctrica, de maneira que o consumidor poida asegurar o seu prezo do mercado eléctrico para un determinado volume; e a necesidade irrenunciable da incorporación da categoría do consumidor hiper–electrointensivo.
“O obxectivo é que estas empresas electrointensivas poidan competir en igualdade co resto das empresas europeas do sector, para o que tamén precisan que se garanta un prezo da electricidade realmente competitivo fixado entre os 35 e os 40 euros por megavatio”, apuntou.
DÚBIDAS RESPECTO DA NOVA AUTOVÍA
A segunda das proposicións non de lei que defenderá o Grupo Popular ten como obxectivo que o Goberno central impulse a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño, “prevista polo anterior Goberno de Mariano Rajoy pero sobre a que os novos responsables do Ministerio de Fomento teñen sementado dúbidas respecto da súa execución”, indicou Pedro Puy.
No que respecta ás preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase pola afección que terá en empresas e equipamentos situados en dominio público marítimo-terrestre de Galicia a modificación prevista polo Goberno central do regulamento da Lei de costas. “Esta decisión, que inicialmente parecía dirixida a finalizar coa actividade de Ence en Pontevedra, afecta a outros equipamentos existentes na costa galega, como empresas conserveiras, centros de saúde, colexios ou depuradoras”, concretou.
O Grupo Popular tamén preguntará pola evolución turística da Comunidade galega ao longo deste ano e, por último, sobre a actuación da Xunta para acompañar ao sector da automoción galega na consolidación do seu crecemento dos últimos anos e para dar resposta ao escenario futuro, logo do acordo de fusión entre PSA e Fiat-Chrysler para formar o cuarto grupo automobilístico mundial.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



