Lugo, 30 de novembro de 2019. Os comuneiros da Serra do Xistral fórmanse este sábado sobre a venda de produtos agrogandeiros vinculados a este territorio gracias a un seminario que organiza a Deputación de Lugo na Casa da Cultura do Valadouro. A xornada técnica, na que participou o deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, enmárcase dentro do proxecto europeo Life In Common Land e ten como obxectivo conseguir o aproveitamento sostible desta zona protexida.
“Traballamos da man das universidades de Santiago e A Coruña e dos veciños e veciñas do territorio para poñer en valor este espazo natural incluído na Rede Natura 2000, porque só entre todos seremos capaces de coidar e poñer en valor este ecosistema único”, comentou García Pernas.
O seminario ofreceu exemplos de boas prácticas que se están a desenvolver noutros espazos naturais protexidos de Galicia para impulsar a comercialización dos produtos agrogandeiros propios do territorio, que abrangue os concellos de Abadín, Muras, O Valadouro e Ourol, e parte dos de Viveiro e Xove.
Destacaron no Valadouro proxectos como a venda online da carne dos Ancares, a comercialización de carne de boi na Reserva da Biosfera Área de Allariz ou da Marca Pastores de Galicia, e a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, entre outros.
O obxectivo desta acción formativa é mellorar o desenvolvemento rural a través da capacitación dos propietarios dos montes, gandeiros, e comunidades de montes veciñais en man común do territorio da Serra do Xistral. A través desta formación preténdese que a poboación local coñeza as posibilidades dos recursos naturais do seu entorno para evitar o abandono das actividades tradicionais nestes hábitats protexidos e preservar este ecosistema único e de gran valor natural.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



