Lugo, 19 de novembro de 2019. A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que o Grupo Parlamentario Socialista rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama á Xunta solucionar as deficiencias do CEIP de Cervo antes de que remate o ano. Ademais demanda explicacións ao Goberno de Feijoo sobre si considera que nas circunstancias actuais se poden desenvolver con normalidade as actividades lectivas no centro.
Así as cousas, Otero relata na proposición rexistrada, que “as obras de rehabilitación do CEIP de Cervo que comezaron a mediados de xullo deste ano a día de hoxe non están rematadas, a pesar de que a propia Xunta de Galicia se comprometeu a que aproveitaría as vacacións escolares para facelas e así non interferir no inicio e desenvolvemento do curso escolar”.
Nesa liña denuncia “unha auténtica falla de planificación por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional impediu que as obras de rehabilitación do centro se rematasen a tempo e provocou que as familias de Cervo decidisen non enviar, durante varios días, os seus fillos ás aulas, por entender que o centro non se atopaba nas condicións idóneas para iniciar o curso, xa que as obras non estaban rematadas e existían estadas e operarios traballando nelas”.
Advirte que “a día de hoxe estas obras seguen sen estar rematadas e os pais e nais do alumnado do CEIP de Cervo non coñecen tampouco a data na que finalizarán estas obras de rehabilitación”.
ANPA do CEIP de Cervo
Ademais lembrou que a ANPA do CEIP de Cervo denunciou as deficiencias que se dan no centro, e que entre outras son: algunhas das ventás, recentemente instaladas pero non rematadas, filtran a auga cando chove. Hai goteiras en vestiarios e aseos. Existen filtracións nas paredes. A nova caldeira de pellets, que substitúe a antiga de gasóleo, non funciona. Agora está funcionando a vella caldeira de gasóleo. Trátase dun parche, xa que despois de realizar un importante investimento a prol do aforro enerxético, que non se poda empregar a nova caldeira amosa unha nefasta planificación por parte do Goberno galego.
Preguntas
Otero quere saber si a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coñece o estado no que se atopan as instalacións do CEIP de Cervo?. E si considera que nestas circunstancias se poden desenvolver con normalidade as actividades lectivas no centro?. E por ultimo, si ten previsto o Goberno galego desenvolver as actuacións necesarias para solucionar as deficiencias que presenta o CEIP de Cervo? No seu caso, en que prazo?”, explicou.
Emendas nos orzamentos da Xunta para Cervo
Por outra banda a secretaria provincial remarcou ademais que o Grupo Socialista tamén presentou emendas aos orzamentos da Xunta para as veciñas e veciños de Cervo, que foron debatidas onte no Parlamento (luns día 18). “Concretamente foron 500.000 euros para o dragado do encoro de Rúa , pero que non contou co apoio do PP. Unha vez o non e a resposta que reciben os cervenses do PP de Feijoo”, resumiu.


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



