Burela, 7 de decembro de 2019. Alfredo Llano foi reelixido alcalde de Burela no pleno celebrado este mediodía. Foi o último rexedor galego en tomar posesión do seu cargo, xa que o pasado 17 de novembro debéronse repetir os comicios nunha mesa electoral. Llano contou co apoio da súa formación, o PSOE, e coa abstención de PP e de BNG.
No discurso de investidura dixo que afronta con ilusión o que será o seu terceiro mandato e subliñou que o Concello de Burela conta cun remanente de tres millóns de euros.
Alfredo Llano declarou esta tarde que “o de hoxe foi un pleno que xa se esperaba desde hai moito tempo, hai que darse conta que esta sesión tiña que terse celebrado o pasado mes de xuño, que era cando correspondía. Estivemos moito tempo en funcións, o que quere dicir que Burela non estivo a funcionar dun xeito normal, senón que fixemos só o que se podía. Non se podían tomar decisións en firme nin aprobar cuestións coma os orzamentos, a relación de postos de traballo, asuntos relativos a contratación, etc. Houbo unha serie de limitacións que impediron o bo facer do Concello de Burela”.
O rexedor dixo que “hoxe tivemos o pleno de investidura. O PSOE foi a forza máis votada nas pasadas eleccións das sete que se presentaron. E non houbo candidatos nin por parte do PP nin do BNG, por tanto fun reelixido alcalde cos votos a favor do PSOE e coa abstención dos outros dous grupos”.
Para o alcalde de Burela “corre presa normalizar a situación, hai que preparar os orzamentos e atender outras cuestións, que son tamén importantes, por tanto canto antes se faga o pleno de organización mellor”.
Llano lembrou que “estivemos en conversas co BNG por si quería entrar no goberno e hai uns flocos pendentes. Mentres non sexa o pleno de organización seguiremos a falar para ver si compartimos goberno ou si chegamos a acordos puntuais. Xa veremos cómo definimos a nosa relación. O que si faremos entre todos, supoño eu, será traballar por Burela, polos veciños, para que se sintan ben representados, para que se vexa que Burela avanza e que exista progreso durante o tempo que queda de lexislatura. Tentaremos facelo do mellor xeito posible, sempre pensando nos obxectivos comúns que son beneficiar no seu conxunto aos nosos veciños e veciñas de Burela”.
O alcalde de Burela referiuse ao pleno de organización: “hai 30 días hábiles para realizalo, polo que poderíamos irnos ata o 7 ou 10 de xaneiro, pero hai que procurar facelo antes para poñerse a traballar. Hai presa para normalizar a situación do Concello. Si pode ser antes do Nadal mellor sería, pero senón fose así tería que realizarse inmediatamente despois destas festas. Imos procurar apurar, si”.
Burela cumprirá no 2020 os 25 anos da súa constitución como Concello despois de segregarse de Cervo.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



