Mondoñedo, 07 de decembro de 2019.- O próximo día 22, ás 12.30 horas, terá lugar en Mondoñedo a presentación da publicación Cunqueiro e Lezama. A luz do mundo que se afasta, da que é autor César Cunqueiro. A edición corre a cargo da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, dependente do Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Consellería de Cultura. A presentación serve para recordar que o insigne autor naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. A publicación deste traballo é a primeira iniciativa deste tipo que pon en marcha a Casa-Museo desde a súa apertura en marzo pasado.
O autor recoñece no preámbulo deste interesante estudo que pode resultar sorprendente a aproximación das vidas e proxectos de dos autores que, aparentemente, teñen moi pouco en común como son o mindoniense Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-1981) e o cubano José Lezama (La Habana, 1910-1976). César Cunqueiro, fillo do autor de Merlín e Familia, aclara que non hai aproximación posible entre Lezama e Cunqueiro no que se refire ao estilo.
César Cunqueiro establece paralelismos entre os dous autores tanto no vital como no que se refire ás súas respectivas obras. Destaca así que ambos tiveron desenganos cos réximes políticos cos que simpatizaron no primeiro momento. Se Lezama pronto comprobou qué era realmente a Revolución á que saudou, Cunqueiro non tardou en desenganarse con respecto ao falanxismo, co que coqueteou de mozo, máis por estética que por puro convencemento político. Tamén coinciden en que ningún dos dous foron grandes viaxeiros e en que ambos estaban convencidos da ameaza que representaba a tecnoloxía para o modo de vida tradicional.
En A luz do mundo que se afasta, o autor mergúllase no esencial da obra dos dous escritores e, baixo a tona, case sempre enganosa, descobre que así como na de Lezama, detrás da dificultade de lecturas como Paradiso, hai portas abertas á claridade, en Cunqueiro a aparente claridade oculta case sempre profundidades intelectuais.
O ensaio que será presentado o próximo día 22 é, como se aclara na publicación auspiciada polo Concello de Mondoñedo, unha versión revisada, aumentada e traducida ao galego de tres conferencias pronunciadas polo autor en Vigo, no ano 2015, na librería Mishima.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



