Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, contrapuxo hoxe no Parlamento a inacción do Goberno fronte ás propostas da Xunta para achegar solucións á industria electrointensiva. Na súa intervención, o conselleiro sinalou que o Goberno central non ten cumprindo ningún compromiso con Galicia, e que mantén o silencio sobre o Estatuto dos consumidores electrointensivos. Este permitiría abaratar o prezo eléctrico ata os 35-40 euros por MWh e que as empresas compitan en igualdade co resto de Europa.
Tampouco se pronuncia o Goberno, segundo salientou Conde, sobre as medidas formuladas pola Xunta co respaldo do sector e do Parlamento galego. Estas medidas son de carácter fiscal, como a supresión do imposto do 7% á xeración eléctrica a todos os consumidores, e a supresión do céntimo verde; e tamén inclúen a redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso e a ampliación das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2. Desde Galicia tamén se propón o fomento da contratación a longo prazo de enerxía eléctrica, e apúntase á necesidade irrenunciable de incorporar a categoría do consumidor hiper-electrointensivo.
O responsable de Economía, Emprego e Industria lembrou así mesmo que segue sen convocarse a mesa industrial solicitada xunto aos traballadores de Alcoa San Cibrao, e explicou que a poxa de interrompebilidade prevista para o primeiro semestre de 2020 é a máis baixa da historia. Unicamente se ofertan 1000MW, cando no primeiro semestre de 2018 se convocaron 2600 MW, e unicamente se ofrecen 63 millóns de euros, cando no primeiro semestre de 2018 se concederon 186 millóns. Ademais, eliminarónse os bloques de 40MW, que son polos que poxan empresas como Alcoa.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



