Lugo, 4 de decembro de 2019. A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, encabezou esta tarde unha ampla representación popular na concentración desenvolvida en Foz en defensa do futuro de Alcoa-San Cibrao, convocada polo comité de empresa. O PP liderou desde o comezo a reivindicación de medidas que garantan a continuidade dunha industria que é fundamental tanto para a comarca de A Mariña como para o conxunto da provincia, de cuxo PIB representa un 30%. Os populares comparten a consideración do comité de empresa, que pide unha reunión da mesa de seguimento de Alcoa, de que as condicións fixadas polo Goberno central para a poxa de interrompibilidade fan que a situación da empresa pase da urxencia de medidas para garantir o seu futuro a unha situación de verdadeira emerxencia.
Para os populares é inaudito o total desinterese que demostra o Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez con respecto a Alcoa-San Cibrao, que xera uns 2.000 postos de traballo, entre directos e indirectos. O PP leva meses esixindo ao Goberno a aprobación do Estatuto do Consumidor electrointensivo, un marco necesario para estabilizar en niveis asumibles o prezo da enerxía. A situación aínda se volveu máis alarmante á vista das condicións fixadas polo Goberno para a poxa de interrompibilidade, que se efectuará entre os próximos días 16 e 20, na que non haberá bloques de 40MW, os máis importantes para a gran industria; terán que competir por 200 bloques de 5 MW.
O Partido Popular recorda que o principal problema que afecta a factoría de Alcoa en San Cibrao é que non pode competir en igualdade de condicións que o resto da industria europea por mor dun prezo eléctrico excesivamente alto. O Goberno socialista, pese a que se esgota o tempo para intervir, non aplica nin tan sequera as liñas básicas elaboradas pola Xunta de Galicia en consonancia coas demandas dos traballadores e do comité de empresa. Igualmente destaca que a poxa de interrompibilidade máis baixa da historia que acaba de aprobar o Goberno central pon en grave risco o futuro de Alcoa-San Cibrao.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



